Opinión

A FONTE DA SANTA

Preguntoume don Verísimo que si sabía dalgunha fonte desaparecida das que houbo normalmente en Vigo.


Díxenlle que esto era cousa de facelo con lentitude porque hai moito Vigo. (Non sei se pensaría naquel tempo tan fermoso de antes da Reconquista, no que había bastantes fontes aínda que non todas fosen potables segundo escribíu o primeiro Cronista Oficial de Vigo don Nicolás Taboada Leal que como é sabiodo era médico e publicou o estado das fontes moi inquisitivamente como solía facer todo e advertindo dos perigos de beber auga dalgunha delas.


Por exemplo unha das fontes máis famosas, a da Falperra, non era, segundo o analista, de auga potable. Nembargantes bebíase e seica as vexigas dos nosos antepasados eran fortes pois non se sabe de ningúun morto por bebela. O que pasaba era que don Nicolás quería todo perfectísimo, limpo e iso 'nin agora se consigue', dicen.)


Como sexa a 'Fonte nova de Ramil', como se chamaba no seculo XVII, o ano 1965, nos tempos do alcalde Portanet, baixo a dirección do funcionario municipal Barros e en cantería a de Raúl Comesaña, foi arranxada non so na pureza da auga ?levouse a da traída-, senón tamén no conxunto edificable, tan fermosa que quedou, o máis cercana en forma a da fonte primitiva.


Dos mesmos tempos do alcalde Portanet é a de santa Xertrude, que estivo no Campo de Granada e logo na alameda de Bouzas sen que os veciños, abraiados, soubesen o porqué. Foi obra de Silvino Silva, no 1969, que a tirou dunha estampa da santa que trouxo o devandito alcalde dunha viaxe. Xertrude, a Magna (1256-1303), foi unha monxa dun convento de Eislaben (Saxonia), que Xesús Redentor e cambiou ao misticismo. Escribiu piadosos libros de meditación. A Igrexa festéxaa o 16 de Santos e, ao mellor, co tempo, tamén en Bouzas. (Se fai o milagre de reaparecer, porque un día sen aviso ningún a fonte desapareceu da Alameda e non se sabe onde foi a parar.) Imos seguir.


Te puede interesar