Opinión

Sobre Elduayen

La tertulia está hoxe moi seria. Don Verísimo asegura que non hai seriedade na asistencia nin no que se fala ou prométese falar. E dicir, que estamos dándolle, veña, á lingua e cando rematamos non levamos nada, nin bo nin peor para a nosa exaltación da persoalidade. (Gorecho toseu un par de veces...) E don Víctor, tamén preto del, coida que temos que ampliar máis seriedade e sinalar, ao remate da xuntanza de hoxe, un feito, unha historia, algún problema social, a remembranza dun personaxe de Vigo, etc, para estudialo.

-Así, deste xeito, iremos mellorando o noso saber, a actividade cultural e os nosos coñecementos cada volta un pouquiño más.

-Pero desta maneira non imos pasalo ben. Vai depender do asunto que escollamos para darlle voltas, estudialo, criticalo e ademáis da simpatía ou gracia conque respondamos. E non me parece mal. O que non pode ser é chegar e falar do que sexa. Para esto mellor será xogar á baraxa ou ao dominó-, íntervíu Gorecho.

-Eso nunca; a vida está feita de tempo, e o meu non o mato en nimiedades como isas. (Caraglie...!, insistíu o Gore.)

Total: que discutimos un bo pedazo da clepsidra de Cronos. (Pois vaia un acordo.) Pero o aceptamos todos. E don Verísimo dixo:

- Que vos parece se falamos de Elduayen: que o mandamos hai tempo a fronda selvática das Avenidas onde nin se ve nin se sabe quen é? Parécevos ben. Pois aproveitemos o tempo que nos queda. Deixádesme contar algo que non todos saben? O Pai de don Xosé Elduayen y Gorriti, era un home de posibilidades modestas aínda que procedía de berce moi respectado pois era unha familia con certo peso de rama nobre. Chamábase don José de Elduayen Alcaterna Garayoa e era natural de Elduayen, partido xudicial de Tolosa (Guipuzcoa). Con moitos esforzos puido educar aos seus fillos, entre eles ao noso político que foi, por suposto, un bo estudante. O pai finou en Madrid o 11 de novembro de 1866. Ou sexa; que viu triunfar ao seu fillo como técnico enxeñeiro e como político. E a nai chamábase María Gorriti Arangoa. Seguiremos: non si? E mañá todos de nós temos que contar algo de Elduayen ou do seu entorno. Estamos? E tamén se pode beber, Gorecho, e logo?

Te puede interesar