Fernando Ramos
La manipulación política de la denuncia contra Suárez
As valoracións cando son parciais, tanto no tempo como se teñen un carácter sectorial, non poucas veces son instrumentalizadas pra dar unha visión optimista ou pesimista, especialmente pra o primeiro, respecto da situación socio-económica de Galiza. Por exemplo, hai uns días afirmábase que noso país foi a nacionalidade-autonomía que máis medrou en produtividade no Estado español na última década (da que temos datos estatísticos sobre o tema -2013-2022-). Sen dúbida é un dato moi positivo, se non fose porque nese mesmo período a povoación galega foi a menos, tanto pola forte caída da natalidade, como por unha emigración que segue empurrando ao exterior a unha parte da mocidade formada e necesaria pra o desenvolvemento interno; e a inmigración non pode compensar este recuar malia que cada vez sexa máis numerosa.
En concreto, se ampliamos o foco, vemos que entre o ano 2013 e 2022 a povoación galega pasou de representar o 5,9% do total do Estado español e ficar no 5,63%. ou sexa, caeu. Como o ven facendo desde hai moito tempo. Deixando en evidencia que tamén nesta etapa non se xerou emprego abondo, ben pago e en condicións laborais atractivas, como pra evitar a fuga de man de obra, e reducir a precariedade e o desemprego, e polo tanto pra alentar a natalidade. Non será que o aumento da produtividade dáse en sectores moi determinados da actividade económica, e nunha cadea de valor na que o papel de Galiza é secundario?
Esta tendencia negativa está reflectida no feito de que, da nación galega, saia moito máis capital (investimento) que o que entra, deixando en evidencia a falta de interese polo país pra un sector do empresariado e de directivos que é moi relevante, determinante. Mais indo ao tema do medre da produtividade... Non será que ademais xogamos un papel subalterno, dependente na cadea de valor da economía, así como no eido da cultura, da comunicación, da política?... Só así se entende que a contradición que existe entre os bos resultados da produtividade, por unha banda, e a evolución no PIB, dos salarios medios, da demografía e do emprego por outro lado.
Hai quen mesmo pensa que a exportación de capitais é un éxito tanto pras nosas empresas, como pra Galiza, pode que sexa así nalgún caso, porén tería que se materializar unha entrada positiva de capitais e a creación de emprego de calidade. Non é o caso. No ano 2022 Galiza investiu no exterior uns 2.300 millóns de euros e entraron capitais por 172 millóns (non se teñen en consideración os movementos de capital co resto do EE, que é un dato a termos en conta, aínda que as cifras xa expostas marcan con claridade unha tendencia).
Este rol subalterno, non se superou co Estado das autonomías (malia os aspectos positivos), porque as competencias fundamentais en materia económica e laboral seguiron centralizadas, e a globalización neoliberal reforzou a concentración e centralización do capital e do poder. Vexase o medre en materia de PIB e povoación de Madrid. Pra dar un cambio radical a esta dinámica, permitindo que Galiza se beneficie das súas potencialidades (pesca, madeira, minerais, enerxía, situación xeográfica, etc.) fai falla máis competencias blindadas, soberanía. Daquela que resulte chocante que a Xunta de Galiza (ou sexa o PP galego) considere un ataque á solidariedade co noso país a cesión de impostos a Cataluña, abrindo á porta a que se faga o propio na nación galega. Un concerto económico que pon sobre a mesa o debate pra que as empresas paguen seus impostos ali onde realicen a actividade, unha liquidación que hoxe moitas empresas (as máis grandes) realizan en Madrid, inflando os ingresos fiscais da capital. Cómpre que, como mínimo, as nacionalidades xestionen e teñan plenas competencias en materia fiscal.
Contenido patrocinado
También te puede interesar