Fermín Bocos
Marruecos acelera, Melilla se asfixia
O xénero ten sido a poderosa ferramenta de opresión contra as mulleres impoñéndonos roles ríxidos e xerárquicos en función do sexo das persoas.
O xénero é un sistema de normas e expectativas que asigna espazos, comportamentos e roles específicos dependendo de se es muller ou home. É unha estrutura patriarcal de poder que beneficia aos homes a expensas das mulleres e convértese na xustificación da nosa subordinación en todas as esferas da vida.
Nacer muller vincúlase coa submisión, os coidados, a pasividade e as actividades económicas e sociais asignadas tradicionalmente ás mulleres. Nacer home asóciase ao liderado económico, social e político, ás posicións de dominación e á forza.
Abolir o xénero é poñer fin ao patriarcado que impón roles e normas en función do sexo co que nacemos. É rachar cunha construción social e cultural que se impón para xustificar a desigualdade e a explotación secular das mulleres.
Abolir o xénero é eliminar a idea de que o sexo biolóxico determina a vida e o valor social das persoas.
Para poder avanzar en igualdade precisamos dunha transformación estrutural que require cambios múltiples:
- Eliminar a socialización de xénero desde o nacemento para dinamitar unha educación baseada en roles ríxidos para mulleres e para homes.
- Transformar as institucións (familia, sistema educativo, medios de comunicación, poder político, económico e xudicial, sistema laboral) para que as persoas poidan desenvolverse sen restricións impostas.
- Erradicar as violencias que padecemos as mulleres que son a manifestación máis extrema do sistema patriarcal e unha das principais ferramentas para manter a xerarquía de xénero.
- Recoñecer o sexo sen impoñer o xénero facendo que nacer muller ou home non sexa motivo de desigualdade nin de asignación de roles na sociedade.
A abolición do xénero é unha loita fundamental para erradicar a opresión e construír unha sociedade baseada na igualdade real. Trátase de eliminalo por completo como estrutura de poder.
Só nunha sociedade sen xénero poderemos alcanzar unha verdadeira igualdade entre mulleres e homes baseada na xustiza e nos dereitos humanos.
Como escribiu Germaine Greer: “O feminismo non consiste en facer que o xénero sexa máis inclusivo, senón en destruílo”.
O 8M sairemos á rúa moitas mulleres feministas a vindicar a liberalización das mulleres porque abolir o xénero é usar as nosas ás para voar en igualdade.
(*) Primeira tenente de alcalde e concelleira da área de Patrimonio Histórico, Cultura, Igualdade e Normalización Lingüística.
Contenido patrocinado
También te puede interesar