Vegalsa-Eroski promove na súa rede comercial a alimentación galega

SECTOR ALIMENTACIÓN

A compañía Vegalsa-Eroski destinou 566 millóns de euros a adquirir produtos de proximidade, o 40% das súas compras totais

Un centenar de provedores locais apoiaron onte o inicio da campaña da compañía.
Un centenar de provedores locais apoiaron onte o inicio da campaña da compañía. | Vegalsa-Eroski

Representantes dun centenar de provedores locais de Vegalsa-Eroski déronse cita no hipermercado Eroski de Nigrán para apoiar o arranque da nova campaña de promoción de produtos de orixe galego impulsada pola compañía de distribución alimentaria, campaña que permanecerá activa en toda a súa rede comercial de establecementos Eroski de Galicia ata o próximo 29 de xullo baixo o lema “É bo que sexa de aquí”.

O acto de presentación contou coa presenza do alcalde de Nigrán, Juan González, e o director da Axencia Galega de Calidade Alimentaria da Xunta de Galicia, Martín Alemparte, acompañados polo director de Compras de Vegalsa-Eroski, Jorge Eiroa; o director de hipermercados, supermercados e gasolineiras Eroski, Florentino Vázquez; e Cándido Rial, director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación da Xunta de Galicia. Durante a xornada, tanto asistentes como clientes puideron degustar algúns dos produtos incluídos na iniciativa da man de Anfaco, Coren, Pazo de Pías, Ternera Gallega, Mariñeiras, Biscuits Galicia, Casa Grande de Xanceda, Hijos de Rivera ou Martín Códax -ademais doutros produtos amparados baixo o distintivo Galicia Calidade-, a través dos postos repartidos polo hipermercado.

“Sempre estaremos ao lado dos produtores, para que os seus proxectos medren á vez que o noso. Deste xeito, contribuímos desde os nosos lineais a impulsar a competitividade das empresas galegas nas comunidades nas que temos presenza á vez que damos resposta ás necesidades dos nosos clientes, cada vez máis comprometidos cun consumo responsable a través da adquisición de produtos de proximidade e tempada”, destacou o director de compras de Vegalsa-Eroski, Jorge Eiroa, na súa intervención. Mais de trescentos produtos galegos permanecerán en promoción os próximos días, ademais de contar con sinais especiais en tenda e nos folletos comerciais.

“Viaxes aquí ao lado”, historias que constrúen país

Durante o acto, a compañía presentou tamén a súa nova iniciativa “Viaxes aquí ao lado”, un proxecto dixital co que Vegalsa-Eroski busca dar visibilidade as historias que están detrás dos produtos que abastecen os seus lineais, concretamente aquelas que se desenvolven no rural.

Nesta primeira edición daranse a coñecer as historias de Ana (gandeira en Oza-Cesuras), Alex (lácteos Kalekoi), Nuria (ovos camperos Pazo de Vilane), Elías (mel Apia Natura) e José (Lácteos Terra de Melide). Cinco pezas de vídeo nas que se conta en primeira persoa por que decidiron emprender no rural. Todas elas estarán dispoñibles na web viaxesaquiaolado,gal e proximamente tamén nas redes sociais da compañía. “En Vegalsa-Eroski pensamos que cando se trata de buscar produtores, canto máis preto mellor. Porque mercando local, impulsamos a economía da nosa contorna, fomentamos un consumo máis sostible e apoiamos os proxectos de moitos galegos e galegas que están a revitalizar o noso rural”, indicou o director de Compras de Vegalsa-Eroski, Jorge Eiroa.

Comprometidos coa producción local

Vegalsa-Eroski continúa reforzando cada ano o seu compromiso cos provedores locais a través do aumento do seu investimento en compras de proximidade. En 2024, destinou 566 millóns de euros a adquirir estes produtos, unha cifra que representa xa o 40% das súas compras, mentres que no que leva de exercicio (de febreiro a xuño deste ano), a compañía realizou compras locais por valor de case 225 millóns, cinco máis que o mesmo período do ano pasado.

Durante 2024, a compañía colaborou con preto de 900 produtores locais, dos cales o 80% son galegos. Froitas e hortalizas é a sección máis representativa en compras a distribuidores galegos en canto a número de toneladas, con máis de 28.000 toneladas adquiridas durante 2024. A sección de carnicería séguelle de preto, coa adquisición de 21.500 toneladas. En canto ao peixe e o marisco, destaca a posta en valor por parte de Vegalsa-Eroski da compra en orixe das lonxas galegas como Burela, Celeiro, A Coruña, Malpica, Laxe, Ribeira, Marín e Vigo. En 2024, a súa adquisición superou as 6.300 toneladas.

Vegalsa-Eroski conta en Galicia, Asturias e Castela e León con 288 establecementos entre propios e franquiados baixo as marcas comerciais hipermercados e gasolineiras Eroski, Eroski Center, Autoservicios Familia, Cash Record, Eroski City, Aliprox e Eroski Rapid.

A súa estrutura comercial compleméntase cunha moderna plataforma de mercadorías xerais situada en Sigüeiro, na provincia de A Coruña, dotada con tecnoloxías loxísticas de última xeración, ademais das plataformas de produtos frescos da Coruña e centros de redistribución en Vigo e Ourense.

Contenido patrocinado

stats