baloncesto
¿Para qué hacerlo fácil?
Boxeo
Honra eterna a Francisco ‘Paco’ Amoedo porque para iso a velada de boxeo levaba o seu nome, e ledicia local porque os púxiles dos organizadores (Saudade e Mos) acadaron as vitorias en dúas das catro citas principais da tarde nun pavillón de Bouzas que rozou o cheo e que tivo moita mocidade nas principais cadeiras do público. Esperanza e ledicia na velada. O momento emotivo chegou co pase dun vídeo en recordo a Paco, no que se gardou un amplo silencio para rematar cun pechado aplauso de moita emoción.
No Galego neoprofesional a cinco asaltos entre Álex Castro e Xabier Abal gañou o primeiro, do CKM Mos, por puntos nun combate moi pechado e axustado. Algo similar ó que sucedeu na vitoria de Álex Rodríguez, do organizador Saudade, ante Jaime Recasens dentro do semipesado. O vigués Pablo Izard, no seu debut como profesional, fixo nulo ante Ramiro Blanco no combate de fondo e Branyel Suárez (Carlos Padín) asinou outro contra Juan Iñarrea (Flow Combat) co cinto do galego neoprofesional en xogo.
A cita comezou con tres enfrontamentos amateur, nos que Sandra Iglesias (Richi H.P.) superou a Andrea Painciera (Loita Noia), Salvador Penín (Saudade) a Adri Frías (Flow Combat) e Eric Comesaña (El Padrino) a Brais Castro (Richi).
Contenido patrocinado
También te puede interesar