Balonmano | Liga Asobal
Por unas felices fiestas
Traiñeiras
Loitou para dar a sorpresa, pero Ares segue intratable. Castropol, cuarta da Liga Galega, rozou a vitoria, pero a “Santa Olalla” asinou un novo triunfo. Por detrás, Tirán Pereira volveu a superar a Chapela e deixa a loita polo subcampionato nun punto. O segundo barco da Liga Galega ten dereito a vogar a promoción do ascenso á ACT e esta loita é dura, moi dura para os dous barcos da Ría de Vigo. En mulleres, a emoción non existiu porque a “Arealonga” volveu a gañar cunha renda ampla. Sen discusión.
A quenda de honra na regata PrIncesa de Asturias, a única que se disputa en aguas non galegas, estivo marcada pola emoción porque Castropol preparou a cita a conciencia e loitou pola primera praza. O barco do Cantábrico marcha na cuarta posición, sen opcións de subir chanzos, e por iso tratou de chegar á súa xornada, ante o público que coñece, na mellor disposición posible. Ía na procura da sorpresa para tentar aproveitar que, por unha vez, non eran eles os que facían quilómetros de furgoneta para competir. E estiveron preto de finalizar na primera posición porque obrigaron a Ares a loitar. Ata o terceiro longo non gañou renda o bote da comarca de Ferrolterra. Finalmente, a distancia entre os dous barcos quedou en sete segundos e, incluso, estivo preto de pagar o esforzo a “Ría del Eo” porque Tirán quedou a tres grazas ó seu bo final.
Por detrás, a “Mar do Con” tiña a súa loita particular con Chapela polo posto na regata e pola segunda praza da xeral. Onte saiu mellor o barco ‘berete’ e mantívose por diante do seu rival ata pasado o ecuador da proba, pero baixou no treito final e a xeral queda axustada cun punto de renda para os ‘beretes’ sobre o barco moañés. Samertolameu asinou a sexta praza e Cesantes pechou a regata.
En mulleres, a emoción xa non apareceu polo campo de regatas porque Chapela marchouse dende o comezo do resto de rivais con Cesantes na segunda praza. Son as mesmas posicións que ocupan la clasificación xeral da Liga Galega Feminina e os postos que, salvo en moi escasas excepcións, repiten proba tras proba. A distancia entre ambas estivo nos 41 segundos con Rianxo pechando o podio, xa por enriba do minuto.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Balonmano | Liga Asobal
Por unas felices fiestas
Balonmano | División Oro
El Carballal busca en casa la tercera victoria de la temporada
Lo último
Menú de Navidad
Pescados y mariscos, a precios de récord en las plazas viguesas
Condado/Paradanta
El arte urbano cambia la estética del IES de Salvaterra