Baloncesto
Un partido con valor doble para el Celta
Balonmán
O Valinox Novás inicia esta tarde (20:00) a segunda volta no liderado da Primeira División de balonmán tras completar con pleno de vitorias. E todo indica que seguirá así porque visita ó Ciudad de Tacaronte, que está na parte baixa e que perdeu por 16 goles no partido da primeira volta disputado en O Rosal.
Pola súa parte, o Granitos Ibéricos Carballal, que marcha quinto e quere loitar pola promoción de ascenso, recibe no seu pavillón ó Automanía Luceros cangués (20:00), mentres que o Porriño, penúltimo clasificado, buscará unha vitoria para saír da parte baixa contra o Lirón Teucro (20:30). Lonxe do seu recinto deportivo xogan o Reconquista de Vigo, que visita ó Ingenio canario (20:00), e o Saeplast Cañiza, colista, que se mide ó Lalín (19:00). Un encontro de dificultade para a formación ‘xamoneira’.
Contenido patrocinado
También te puede interesar