Memorias postpandemia dunha estudante de Educación na USC

Publicado: 23 sep 2021 - 19:49

Lonxe quedan ás mañás nas que preparábame para marchar a Facultade en busca da miña amiga que tomaba un café matutino, do meu compañeiro que comentaba as visións das clases e do momento no que conectaba co que dicíame o profesor de Teoría. Agora só piso a facultade para as clases menos numerosas de cada materia…unha vez cada tres semanas. Así o di o noso protocolo; unha herdanza daquel que o ano pasado ideárase tan custosamente polo decanato da Facultade de Ciencias da Educación en Santiago de Compostela. Aínda que a situación xa non é a mesma. Naquel setembro, comezábamos a docencia en medio da segunda ola que sumaba contaxiados en toda España, mentres en Galicia os casos case chegaban ós 5.000 (La Voz de Galicia, 22 de setembro).

Actualmente, os positivos descenden progesivamente xa dentro do último tramo da quinta ola e o índice de vacinados entre a poboación universitaria crece ata o 62,3% nos menores de 19, pero o 77,6% entre os 20 e 29: o groso de estudantes (RTVE, 13 de setembro).

Con todo, unha semana cada tres, a facultade permanece baleira. Recordo que un mestre da nosa facultade aseguraba que o laboratorio -nalgunha das nosas clases presenciais- era un “espazo seguro”. Non é a primeira vez que se escoita que as aulas universitarias non son focos de contaxios grazas a máscaras, distancia, rexistros electrónicos... (Instrución do 1 de xullo de 2021 da Secretaría Xeral de Universidades). Na nosa Universidade podemos celebrar que houbese una incidencia pequena, “moi por debaixo da media da cidade” compostelá en outubro do curso pasado de segundo o reitor (El Diario, 16 de outubro). Dende logo, isto tivo que marcar a diferencia, porque as directrices da Xunta para a volta incluía limitar escenarios a distancia ás situacións temporais de peches locais (Instrución do 1 de xullo de 2021 da Secretaría Xeral de Universidades).

Ó final puidemos sumar o noso gran para controlar a pandemia grazas o noso esforzo e o dos mestres. Porén estánnos a pedir que continuemos loitando cando o pretexto da saúde pública comeza a non xustificar o custe na formación.

Estamos na mente dos nosos xestores?

Esta é unha cuestión que non podemos coñecer e sobre a que temos limitado impacto. O que si atínxenos é seguir a reiterar outras formas de dar clase dentro das restricións, cara a cara e respectando as medidas, tal e como corresponde a unha universidade pública e presencial e como xa está a ocorrer en Medicina ou na nosa veciña Enfermería, coa que compartimos edificio.

Contenido patrocinado

stats