Atlántico
Gaza: ¿Olvidada?
Hai uns días que o mesmo presidente da Xunta de Galicia dixo que é moi probable deixar de usar as mesmas ao aire libre, mesmo anunciou as datas durante as que podería entrar en efecto esta norma. É algo que a maioría dos/as galegos/as vemos con bos ollos.
Hai que lembrar que países como Australia, Estados Unidos, Reino Unido, Israel, Polonia e a medida que pasan os días máis súmanse a esta iniciativa para aos poucos ir recuperando a normalidade e así procurar ir facendo a pandemia máis levadía. De momento, as vacinas conseguiron o principal obxectivo co que todos soñamos: ver a luz ao final do túnel.
Unha cousa está clara, os países ricos que contan cunhas infraestruturas máis avanzadas teñen que solidarizarse con aqueles que non dispoñen das mesmas, xa que, segundo os expertos, para acabar co covid-19 o 80% da poboación mundial ten que ser vacinada. Non entendo por que as patentes das vacinas non as poñen ao dispor de todos.
Os seres humanos (se é que son humanos os que dirixen esas multinacionais) son tan egoístas que o único que lles importa é amasar diñeiro, mentres familias enteiras morren de fame e agora co covid-19 o problema aumenta ata un punto indescritible.
Mentres, a outros lles dá todo igual: as festas ilegais e o os botellóns son habituais de cada noite, en moitas ocasións co beneplácito dos que gobernan determinadas comunidades esgrimindo uns motivos absurdos que non axudan para nada a parar esta tolemia. A falta de responsabilidade é total. Esperemos que polo menos na nosa terra galega pronto podamos sacar as máscaras ao aire libre.
Contenido patrocinado
También te puede interesar