Atlántico
Ceuta como escusa
Tendo pasado xa dous días das concentracións nos municipios de España de apoio a Ceuta, vamos tendo xa material para facer algunhas reflexións.
A primeira sorpresa é que aceptouse como feito consumado que a alcaldesa de Xerez da Fronteira, do Partido Popular María José García-Pelayo Jurado, e ata o día da data presidenta da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), convocou en nome desta última, nun folio sen membrete nen símbolo da dita Asociación, unha concentración nos Concellos de España polo Día de Ceuta para, en palabras textuais da política, que “muestren su solidaridad con la Ciudad Autónoma”.
Pois resulta que a vicepresidenta da FEMP e alcaldesa de A Coruña, señora Isabel Rey, en declaracións á Prensa confirmaba o mesmo día da convocatoria que “la iniciativa no parte de la FEMP como órgano, sino que se trata de una decisión unilateral de su presidenta, la popular María José García-Pelayo”.
A súa vez, como se recolle tamén na Prensa, a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) non trasladou estas mobilizacións a Galiza pois ao seu ver, “la convocatoria la hizo la presidenta de la FEMP, alcaldesa popular de Jerez de la Frontera, María José García-Pelayo, "sin acuerdo de los órganos de la Federación y sin consultar al resto de grupos que la componen”.
Entón, a conclusión obvia é a seguinte: se non convocou a FEMP a mencionada concentración pois non existiu ese acordo da Xunta de Goberno, entón convocou unilateralmente a alcaldesa de Xerez utilizando como apoio o seu cargo de presidenta da FEMP. O que nos quedaría agora formularnos é se ocurríuselle a ela soa durante a súa reunión con presidente Vivas, tamén do Partido Popular.
Neste Estado de Dereito que por sorte habitamos, os dereitos de reunión e manifestación son dereitos fundamentais, recollidos no artigo 21. Polo que nese sentido nada que dicir. O risco está nas alas que se acaban de dar a certos grupos antidemocráticos, e cuxas consecuencias xa se están a publicar: agresións a xornalistas, intento de boicot de manifestantes pro-Ceuta ao concerto de As Tanxugueiras en Palencia; ataque ao artista Juan Berlanga durante a súa actuación en Manzanares.
Ou a dereita española reflexiona, fai Memoria e relaxa o seu discurso, ou moito me temo que a situación vaise poñer moi fea, pois “ás veces, o inferno somos nós mesmos” (A lingua das Bolboretas)
Aurora Corbacho Quintela. (Doutora en Dereito Público)
Contenido patrocinado
También te puede interesar