Atlántico
Gaza: ¿Olvidada?
Cheguei a Galicia fai xa moitos anos, cambiando as miñas raíces polo verde manto destes bosques que tan ben me acolleron. Nestes anos, nesta vida, esta terra de mouros e meigas foi testemuña do paso do tempo, os carballos gardaron sempre os nosos segredos, os castaños movían as follas ó ritmo das nosas muiñeiras. Os bosques foron sempre un veciño desexado ó redor das nosas cada vez máis valeiras aldeas.
Hoxe, os bosques marchan cos nosos recordos, as follas olvidan sometidas polo lume, o fume afoga as cores coas que se debuxaba o fogar de tantas pequenas vidas que agora se perden.
Non podo evitar pensar na xente que creceu da man dos bosques, nos pobos. A Xente que hoxe máis perde, que ve arder o árbol baixo o cal deu o primeiro bico, o prado onde sempre paseaba feliz o canciño que foi seu amigo, a casa onde a muller de, agora oitenta anos, sin forzas, foi una nena feliz que non deixaba de correr.
Si me doe a min a Galicia que me adoptou, non imaxino o que sinte a xente que axudou a levantar estas terras nosas, que son cada vez máis terras e cada vez menos nosas.
Alejandro Meno. (Ourense)
Contenido patrocinado
También te puede interesar