O público tomará a escea teatral como proposta de Manekineko

Os catro actores, nun dos momentos de “Cancións amarelas, flores tristes”.
photo_camera Os catro actores, nun dos momentos de “Cancións amarelas, flores tristes”.
A nova compañía viguesa propón un espectáculo inmersivo, levando ao público ao escenario

A escena teatral viguesa está de estrea. Unha nova compañía viguesa, Manekineko, debutará este serán no auditorio municipal con “Cancións amarelas, flores tristes”. Con María Costas, Nacho Castaño, María de las Llaneras e Fran Nogueira no reparto, a montaxe conta unha noite de karaoke de catro descoñecidos que fuxen das súas realidades.  

A proposta revolucionará a carteleira levando ao público ao escenario, rodeando aos intérpretes que compartirán espazo cos espectadores, rachando coa cuarta parede. “É o factor novidoso, queremos un espectáculo inmersivo, achegar a representación”, indica Nerea Brey,  quen dirixe o texto de Ernesto Is. Con este plantexamento vense obrigados a reducir aforo, limitando a entrada en Vigo a 80 asistentes. Pero o risco é menor ao ser contratados por caché, non por taquilla.

Brey coñeceu a Is na Escola de Arte Dramática de Navia e comparten esta aventura coa que bota a andar coa función de hoxe. A primeira idea xurde nun programa de residencias. Tralo parón do confinamento, retomaron o guión o ano pasado con axudas do Agadic e noutra residencia artística de Xixón concretouse. “Estes apoios son moi importantes para as compañías que comezan, non só pola achega económica, pois tamén tivemos oportunidade ensaiar o montaxe no teatro La Laboral, probar a disposición da escenografía”. Aínda que tanto a directora como o guionista xa contan cunha traxectoria individual que lles avala, os inicios non son doados. “Ao non coñecer a compañía hai que facer moito esforzo de promoción e un traballo moi potente de venda, amais de ter que asumir os custos da produción que non cubren axudas”, sinala Nerea Brey, que participou en varias obras como actriz. O elenco foi seleccionado en función dos traballos previos. Representan a personaxes que queren esquecer os problemas do seu día a día: estrés, soidade, economía e coidados dos maiores.

As entradas están dispoñibles en giglon.com por prezo único de 5 euros.

Te puede interesar