Os socialistas prometen ampliar a escola infantil de Baiona

Escola Infantil de O Areal.
photo_camera Escola Infantil de O Areal.

Carlos Gómez comprométese “a realizar con fondos municipais no próximo mandato a ampliación da Escola Infantil O Areal se a Xunta non cumpre con Baiona"

O candidato socialista á reelección como alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado, comprométese “a realizar con fondos municipais no próximo mandato a ampliación da Escola Infantil O Areal se a Xunta non cumpre con Baiona”.

Na súa intervención de onte, o socialista apuntou qu “as competencias para facer esta obra son da Xunta, pero levamos anos esperando por un investimento de 250.000 euros para a amplicación da escola infantil, anos de demandas sen éxito ante a Consellería de Educación e a Xefatura Provincial”. 

“Escoito ao señor Almuiña dicir que Baiona está paralizada, pero o único que está paralizado é o orzamento da Xunta do PP para a nosa vila, cero euros neste 2023”, lamenta Gómez Prado.

Para Gómez Prado, este vai ser un campo prioritario e nest a liña comprometeuse a elo, afirmando que “o ensino público de calidade é unha das prioridades da nosa candidatura, así o demostramos neste mandato con actuacións de mantemento en todos os centros e escoitando as demandas da comunidade educativa, moitas veces asumindo competencias impropias”.

Entre as moitas intervencións realizadas nestes catros anos nas dotacións escolares da vila de Baiona, destaca a renovación dos accesos ás pistas multideportivas do colexio Cova Terreña; houbo tamén actuacións na Escola Infantil O Areal, o CEIP Fontes-Baíña e o CEIP de Belesar. E nesta mesma dirección é a que se compromete a seguir nos vindeiros catro anos.

Te puede interesar