Investigadores piden axuda para traducir unha base de datos ao galego

Captura de pantalla da tarefa que pide o cuestionario para traducir a base de datos.
photo_camera Captura de pantalla da tarefa que pide o cuestionario para traducir a base de datos.
A participación de 80 voluntarios nun test de 50 minutos permitirá desenvolver unha potente ferramenta para futuros estudos

O grupo Language Variation and Textual Categorisation (LVTC) de la UVigo lanzou recentemente unha petición de axuda á sociedade para traducir a potente base de datos 'Multipic' ao gallego e así poder desenvolver unha ferramenta coa que levar a cabo múltiples experimentos, en especial, psicolingüísticos. Trátase dunha colaboración con investigadores do Instituto da Lingua Galega (ILGA), da USC e da Universidade do Minho.

Como explica unha das responsables do proxecto, Mª Carmen Parafita, “é algo moi sinxelo, hai unhas bases de datos de imaxes multilingües que se usan moito para este tipo de experimentos que ata hai pouco só existían para linguas maioritarias e agora estase ampliando a outras”. No caso de España, logrouse traducila ao catalán e ao éuscaro, pero aínda queda pendente o galego. É por iso que o grupo LVTC uniu forzas con Montse Comesanha, da Universidade do Minho (responsable da tradución de Multipic ao portugués), co ILGA e con investigadores da rama da psicoloxía da USC. “É unha idea moi básica pero para nós é moi importante”, recalca Parafita.

Para colaborar nesta tradución unicamente é necesario acceder á ligazón https://bit.ly/3mXVXIZ e responder un cuestionario que pedirá identificar 500 imaxes en galego. “É para ver ata que punto a xente nomea as imaxes da mesma forma”, sinala a investigadora. O test tamén pide indicar como de familiarizado está cada usuario co concepto. 

“Con isto podemos facer calquera tipo de experimentos de procesamenteo de linguas, dende un estudio neurolingüístico ata un estudo condutual sinxelo”.  É necesaria a colaboración de, como mínimo, 80 persoas para poder desenvolver esta novidosa ferramenta.

Te puede interesar