Rande, un topónimo que agocha unha orixe xermánica

La niebla dificultó la circulación por Rande.
photo_camera Puente de Rande.
Un estudo concluíu que o barrio de Rande, un dos principais de Cedeira, procede dun antropónimo medieval de orixe xermánica

A pesar de que os redondelanos xa están habituados a escoitar o nome de Rande, non é un topónimo común e corrente. O estudo realizado desde Trespés concluíu que este barrio, un dos principais de Cedeira, procede dun antropónimo medieval de orixe xermánica. “Rande provén do nome dun antiguo posuídor destas terras, chamado Randus. No Catastro da Ensenada (1750-1754) xa aparece este nome como un dos límites da parroquia de Cedeira”, sinalou Xurxo Martínez, técnico responsable do Servizo de Normalización Lingüística de Redondela. Tamén indica que este é o caso de Brandariz, na zona de A Formiga, xa que “fai referencia a un antigo posesor das terras, Brandarico ou Branderico”

Martínez destaca que toda esta información atópase nos libros publicados desde o Concello e na páxina web toponimia.redondela.gal. “A web é unha ferramenta bastante útil xa que os traballos con web en Galicia adoitan localizar e rexistrar os topónimos, e aquí tamén se explican todo eles, e xa son casi 2.0000”, explicou Xurxo.

Te puede interesar