O BNG bota o resto en Soutomaior pola Alcaldía

Lourenzo e Pontón.
photo_camera Lourenzo e Pontón.

A portavoz do BNG, Ana Pontón, dixo que ve alcalde ao candidato en Soutomaior, Manuel Lourenzo, a quen definiu como unha persoa que leva ao concello “na cabeza e no corazón”. No acto, destacou o seu convencemento de que Soutomaior terá alcalde do BNG a partir do 28 de maio. “Estamos na conta atrás para abrir un tempo novo en Soutomaior, de ilusión, de esperanza, de futuro, a conta atrás para facer historia con Manuel Lourenzo como próximo alcalde deste concello”, proclamou. Enfrente ten a Agustín Reguera, decano dos alcaldes da provincia, de novo polo PP, que busca a maioría absoluta.

A líder do Bloque dixo do candidato que xa demostrou como defende os intereses do concello e da veciñanza ao longo destes anos no Parlamento, “dándolle voz ás vosas demandas en todos os temas importantes: sanidade, educación, equipamentos, infraestruturas, sempre desde a razón e desde o corazón, e esa defensa continuará multiplicada cando tras o 28 de maio sexa o voso próximo alcalde”, alegou. “Manu, interpelou Pontón,  sei que serás o mellor alcalde que pode ter Soutomaior, porque sei do teu amor por este concello que coñeces como a palma da man, sei que vas dar o mellor de ti para construír un concello con mais futuro, con máis benestar, con máis oportunidade”, recalcou.

Pontón fixo fincapé no modelo municipal de éxito do BNG, que funciona: “Onde gobernamos transformamos en positivo, construímos concellos con calidade de vida, rentabilizamos cada euro, poñemos en marcha concellos participativos, feministas, que apostan pola igualdade, sustentables”. 

Te puede interesar
Más en Redondela