Brais Ruanova: "Temos que facer un seguimento laboral para que non se perda o talento xuvenil"

Brais Ruanova, durante un acto electoral en Matamá.
photo_camera Brais Ruanova, durante un acto electoral en Matamá.
Pese á súa curta idade, xa estivo cerca de pertencer ó consello local, sendo a número cinco das listas no BNG

Brais Ruanova (Vigo,1991) foi responsable comarcal de Nova Galiza e actualmente traballa no sector agroquímico. Pese á súa curta idade, xa estivo cerca de pertencer ó consello local, sendo a número cinco das listas no BNG

O BNG logrou seis escanos na provincia nas últimas eleccións. Vostede é  o número sete. Vese dentro do Parlamento?

Non sei, as enquisas que saen non se poden coller como se fose a realidade. Digamos que son unha foto fixa. O que importa é a tendencia sociolóxica, e esta indica que o PP encóntrase en caída libre e que o BNG sube. 

Iso tamén son as sensacións a pe da rúa?

A pesar de todos os intentos do PP por descafeinar a campaña, coa televisión de Galicia apoiando a súa demanda, as sensacións están sendo moi boas. Nótase que a xente sabe que se xoga moito nestas eleccións, e o feedback está a ser moi positivo. Estamos vendo moitas persoas que nos están a pedir un cambio, que estes quince anos do goberno do PP lles está a facer moi longos. Para min está a ser difícil compaxinar o traballo coa campaña, pero está a ser moi ilusionante. 

Conta con 32 anos, canto é de importante reter o talento novo?

Teño claro que a fábrica de talento son as universidades e as escolas superiores: a ESAD, o centro audiovisual…temos que conseguir que se teña unha continuidade laboral, non podemos limitar o emprego como fixo a Xunta. Simplemente puxo na mesa uns orzamentos e esqueceuse do tema. Iso non e ser eficiente, hai que facer un seguimento para que non se perda polo camiño o talento xuvenil. Nos últimos 15 anos marcharon un total de 141.700 mozos de menos de 29 anos de Galicia. Iso non é apostar pola xuventude. 

Outro dos aspectos importantes da cidade é a importancia da cultura.

Iso non só é problema da Xunta, senón tamén ten a súa parte o goberno local. Hai un problema grave, e non pode ser que se instaure a idea do consumismo na mocidade, que para pasalo ben teñamos que pagar grandes cantidades. O tema do ocio non pode quedar relegado a uns poucos concertos, temos que darlle espazo a esa xuventude creativa, como os estudios do Vigosónico, por exemplo. 

Como vive a campaña electoral Brais Ruanova?

Compaxinalo co traballo é difícil, e cada elección é distinta. Depende moito da perspectiva que teñas nese intre. Esta  podo dicir que está sendo moi ilusionante, facía tempo que non vivía unha desta maneira. Tanto eu coma os meus compañeiros. Nótase que estamos ante unha oportunidade histórica de ter a primeira presidenta da historia con Ana Pontón. Aínda así, sempre quedará un oco para adicarlle á parella, ós amigos e á actividade física, que é moi importante nestes tempos.

Te puede interesar