Día das Letras Galegas

Cinco obras emblemáticas da producción poética de Luísa Villalta

Descubre estas cinco obras de Luisa Villalta, a homenaxeada polo Día das Letras Galegas

 

Música reservada

A música é motivo central de “Música reservada” (1991) no que reúne os poemas de corte existencial escritos nos 80 e distribuídos en cinco seccións.  Organiza a obra con meditada estrutura. Villalta escribe e compón, constrúe unha arquitectura verbal, sonora, conceptual. A palabra melódica é “un camiño ao coñecemento”. E a súa voz soará diferente. Segundo a poeta Pilar Pallarés: “Os poemas que conforman o libro, e mesmo na poesía galega de maneira global, a de Luísa Villalta é cando menos “rara”, por diferente e  infrecuente.

Ruido

Entre febreiro de 1993 e setembro de 1994 escribe “Ruído” (1995). Luísa Villalta suspende a execución, detén o arco, párase a escoitar o “ensurdecido vértigo” dun “corazón que galopa o seu ritmo”. Dalgún xeito o libro anuncia o xiro que anos despois explica na súa “Poética da concreción”. A obra da poeta emerxe aí, nese atender, ouvir, comprender. O camiño ao coñecemento de Música reservada toma aquí a resonancia dun tambor que esperta.

En concreto

En concreto (2004), unha obra que ve a luz en edición póstuma, foi o libro gañador da XII edición do Premio de Poesía Espiral Maior. A acta do premio subliña o carácter expresionista dun texto que rende homenaxe á Coruña, destaca “o pensamento poético maduro e un equilibrio estilístico entre o conceptual e o visionario”. A escritora explicaría que con este libro enfrontaba un particular reto e decidiu poñelo a proba nun certame.

Papagaio

 

Os poemas auscultan a respiración das fotografías que retrata o derrubo do barrio coruñés do Papagaio, escoitan o seu pulso. As vidas das mulleres do Papagaio toman forma na voz dunha poeta que ergue nela a dignidade no medio da hipocrisía, da moral represora e da violencia patriarcal que equipara á violencia da especulación urbanística. 19 poemas e as imaxes correspondentes e todo organizado nas tres seccións que integran o libro.

Palabras ingrávidas

En 2020 publicouse a edición facsímile deste poemario inédito de la escritora coruñesa Luísa Villalta, acompañado dun estudio introductorio que contextualiza a obra no conxunto da producción da autora e da razón das principais chaves literarias que a sosteñen. O texto recuperado forma parte do Legado Luísa Villalta que se custodia no Centro Ramón Piñeiro e constitue a primeira entrega da Biblioteca Luísa Villalta.

Te puede interesar