Uxío Couto: "Para ser un bo actor de dobraxe tes que ser versátil, ter boa voz está sobrevalorado"

Uxío Couto estivo en Atlántico para falar de cine e dobraxe.
photo_camera Uxío Couto estivo en Atlántico para falar de cine e dobraxe.
Uxío Couto, profesional dende o 2008, traballou para diferentes plataformas como Netflix ou Amazon, así como para a Televisión de Galicia e dobrou máis de 100 personaxes

Uxío Couto entrou no mundo do cine por afección e encontrou un modo de vida. Admite que o dobraxe ten que ser unha paixón pero ten que ser levada con discreción. Sen ser protagonista, senón un acompañamento, un material audiovisual máis. Profesional dende o 2008, traballou para diferentes plataformas como Netflix ou Amazon, así como para a Televisión de Galicia e dobrou máis de 100 personaxes. 

 

 

Un mundo diferente, do que se sabe moi pouco. Como chega a él?

Empecei hai 16 anos. Sempre foi un mundo que me interesou en xeral. Concretamente o da dobraxe, pero hay máis campos os que son afeccionado como o cine, a produción ou a lingua. A dobraxe unificaba todo iso, sempre vin certo encanto desde moi pequeno. Empecei a descubrir que detrás dos debuxos hai persoas que poñen a sua voz, e iso ten certa maxia. Busquei información por afección, e con anos fixen un curso impartido por Luis Iglesias no antigo Consorcio Audiovisual de Galicia. Quince días despois de finalizalo, unha directora Charo Pena chamoume para ofrecerme unha película. Saín do estudio coa sensación de cumprir un soño, que iso xa estaba feito. 

Cales son as características que ten que ter un bo dobrador de cine?

Tes que ser moi versátil, non estancar nun papel. O de ter boa voz está sobrevalorado, aínda que obviamente tes que ter unha dicción clara. E, sobre todo, un dominio da lingua na que vas a dobrar. As veces se tes unha voz peculiar podes funcionar nuns papeis concretos. É moi similar a un actor coa súa imaxe. 

Dos máis de 100 personaxes. Cal foi o teu favorito?

 Recentemente estreouse no Xabarín unha serie, Sakura, a cazadora de cartas, e eu fago a Toya, o irmán da protagonista. Tratábase dun adicto o traballo que vacila moito a protagonista pero a quen quere con loucura. Outro, e foi tamén fai pouco a súa estrea, en Chicken Run: O Amencer dos Nuggets. Dobrei a Fetcher, un dos ratos que era moi moinante. E divertinme moito porque tiña que xogar cun rexistro diferente o habitual. Se me teño que quedar con un, elixo a Christopher Walken en Annie Hall. 

E o peor?

Non vou dicir nomes, pero recordo unha telenovela onde non me atopei nada ben. Non daba pe con bola e a sala empezouse a cargar, porque non era capaz de sincronizarme cos compañeiros. Ese xénero, para min, e moi difícil de dobrar porque vese moita improvisación. 

 Tiveches presencia en películas como Dunkerque, 1917 ou La Fuga de Alcatraz, todas elas de acción. É o teu preferido?

 E unha coincidencia, supoño, pero fíxome moita ilusión dobrar esas películas. Annie Hall e La fuga de Alcatraz foron dúas producións que non estaban dobradas o galego, e tiven a oportunidade de dobrar pola mañá a Christopher Walken e pola tarde a Danny Glover. Dous dos actores que máis admiro no mundo do cine.  

É importante que se poida desfrutar tamén de cine en galego?

É fundamental. Tanto Netflix como Amazon ou HBO xa están dobrando o galego. Unha lingua está viva cando podes acceder a todo tipo de contidos nun campo infinito. Estar onde vive a xente e ter esa variedade, porque hai títulos moi atractivos. Sempre temos ese debate ou loita, incluso nas salas de espera do estudio da gravación, onde podíase escoitar calquera conversación do divino e do humano. Cando convives con outra lingua, máis masificada, sempre tes esa dualidade e temos ese deber de velar por ela, pero non como obxecto de causa ou cando ondeas unha bandeira. Tes que gozar con ela. E ten que estar en todos os campos da cultura.

Te puede interesar