Javi Maneiro: "A vida deume unha segunda oportunidade; este disco ten algo de premonitorio"

Maneiro, durante a súa visita ao set de Atlántico TV.
photo_camera Maneiro, durante a súa visita ao set de Atlántico TV.
“Esta é a miña cidade por excelencia, aquí currei e estudei Peritos; encántame a noite de Vigo”, confesa el cantante, vogalista de Heredeiros da Crus

Javi Maneiro (Pobra do Caramiñal, 1973) visitou Atlántico TV para falar do seu último traballo, “Un bonito despertar”, que o vindeiro sábado 24 presentará en directo no Máster Club. “Esta é a miña cidade por excelencia, estiven currando nun estudio de gravación, estudando Peritos e encántame a noite de Vigo”, apunto o vogalista de Heredeiros da Crus, que este ano adícao en exclusiva ao seu traballo en solitario, no seu regreso aos escenarios tralo ataque cerebral que lle aconteceu en 2022. 

 

 

  Vai tocar temas cos que conmemora os 30 anos nos escenarios. Por que en solitario?

Fóra de Heredeiros saquei catro discos con Jabón Blue e con este, outros catro en solitario. O último está en galego. Canto estabamos coa xira do 30 aniversario, pregunteille a Heredeiros se iamos facer algo como banda e dixeron que ao mellor un single. Pero eu quería regalarlle aos seguidores das distintas etapas, algo lindo. Este disco non ten nada que ver co que facía con Heredeiros. Dame algo de vergoña dicilo pero ten algo de premonitorio.

E tanto. Semella incrible que sexa anterior ao accidente cerebrovascular que sufríu.

Como din as vellas, “mala herba nunca morre”, ou iso, ou había alguén mirando por min. A vida deume unha oportunidade e sego aquí, coa ilusión a tope. As letras do disco escribinas en decembro de 2021, nos quince días de vacacións na fábrica. Díxenllo á banda e fíxeno moito máis axiña do habitual. Graveino en marzo e en agosto pasou o que pasou. Cando saín do hospital, xa en casa, púxenme pensar nas cancións, e o que aconteceu parecía o que escribira oito meses antes.

Unha coincidencia que dá  arrepíos.

Cando llo contas así á xente, pensa que é para vender, pero non. Sempre fun crente nesas historias nosas que te “levantan a paletilla” ou bendicións dos santos. Este disco foi unha premodición. Cando estaba na UCI, pasaba todo o día esperto, cada media hora falábanme para que non aumentase o sangrado. Entre iso e a medicación tiven alucinacións, vinme morto e funme a buscar á caixa, metinme na cama de hospital e comecei a darme hostias para que reaccionase. Aparecín en posición fetal e espertei. Esa era a miña idea para portada. Hai un montón de cousas que coinciden se te pos aúnar, mete medo.

Este traballo é nun ton moito máis serio do que acostuma.

Son letras profundas. Creo que todo o mundo na vida pasa por un momento, onde hai que dar un cambio. Pode ser algo doroso como romper coa parella, mal coa familia ou mal no curre, sáese da escuridade e vaise cara a luz. A vida ao final vai mellorar.

Agora como está?

Xenial. Fago deporte tres días a semana, non fumo e canto mellor que nunca porque xa non me poño afónico. Teño unha ilusión enorme por saír. Estou cunha banda de bos músicos e boas persoas. Estou cunha axencia que aposta por min e conto co apoio dunha empresa, Toxo Telecom, e coa subvención da Xunta, non podo pedir máis. Teño que dar todo de min, quero agradecer a todo o cariño recibido cando todo pasou. Quero devolver todo ese cariño como mellor sei, cantando.

Te puede interesar