Nomes clásicos para a vitoria no barrio de Teis

Carrera 10K.
photo_camera Carrera 10K.
José Alberto Bastos e Sofía Freaza acadan a primeira praza nunha cita con 391 atletas

Moitos quilómetros e moitas carreiras por Vigo teñen nas súas pernas José Alberto Bastos e Sofía Freaza, que onte fixeron boa aquela frase de “galiña vella fai bo caldo” na proba 10K de Teis, que tivo a Anxo Otero e Jessica Míguez como gañadores na proba curta de 5.000 metros. Bastos e Freaza estrean o seu palmarés no certame da Run Run Vigo 2024 e, ó ser aínda a terceira cita do calendario, xa se apuntan a ser candidatos á xeral. Aínda que para isto terán que loitar moito. 

O evento neste barrio marítimo e industrial da cidade tivo unha participación notable, xa que 391 atletas finalizaron as probas cronometradas de adultos. A estas é preciso engadir os nenos das categorías inferiores e os camiñantes da andaina para esar no medio milleiro de deportistas nunha mañá marcada polo bo tempo. 

Bastos mandou nunha proba que, un ano máis, foi dura con algunha subida difícil e tramos de terra. Víctor Hugo Pacheco foi segundo e Jesús Fernández Soengas, terceiro. En mulleres, Sofía Freaza amosou que está nun notable momento de forma ó batir a Noemí Álvarez, gañadora do Run Run Vigo 2023.  Pechou o caixón Delial Villalba.

 

 

Te puede interesar