baixo miño

O Rosal inicia “un tempo novo”

A nova alcaldesa do Rosal, a nacionalista Ánxela Fernández, co bastón de mando, e o seu equipo de goberno.
photo_camera A nova alcaldesa do Rosal, a nacionalista Ánxela Fernández, co bastón de mando, e o seu equipo de goberno.

A nacionalista Ánxela Fernández Callís tomou posesión como alcaldesa no que supón un cambio de rumbo do Concello, xa que o BNG gobernará en solitario tras arrebatarlle ao Partido Popular a maioría absoluta 

 O Rosal ten nova alcaldesa. Ánxela Fernández Callís ergueu o bastón de mando, tras tomar posesión do cargo nun pleno extraordinario que se desenvolveu nun ambiente de cordialidade. A única incidencia destacable foi a ausencia do único representante do Partido Socialista, José Carlos Martínez Crespo “por motivos de saúdo”, tal e como explicou a recén nomeada rexedora. Co recoñecemento e felicitación da oposición, Fernández Callís comprometeuse a gobernar para “tódolos veciños e en beneficio do Rosal”. Farao con comodidade, xa que conta con sete concelleiros, 1.841 votos, fronte aos cinco del PP, con 1.552 votos y un do PSOE, con 370 apoios.
Ante un aforo dunhas  trinta persoas, entre as que se atopaba a eurodeputada do BNG, Ana Miranda, constituíuse a mesa de idade, presidida por Juan César Paredes Domínguez, do Bloque, como concelleiro de máis idade, e a máis moza que coincidíu coa alcaldable, Fernández Callín. Na toma de posesión, tódolos integrantes escolleron a fórmula de “prometo”, pero mentres os concelleiros do PP asumiron á lealtade ao rei, os edis nacionalistas limitáronse a asumir a Constitución como “norma fundamental do Estado”. Na elección da alcaldesa, con só unha candidata, foi elixida cos sete votos a favor do seu grupo.
A alcaldesa saínte, María del Carmen Alonso, deu os parabéns públicamente a súa sucesora e ao grupo do BNG “por ter gañado as eleccións”. Asegurou que deixa o cargo “nunha persoa moi válida que o fará moi ben” e quen lle desexou “toda a sorte do mundo”. Como resposta, a nova rexedora agradeceu o equipo saínte e a súa antecesora no cargo “a boa disposición para facer unha transición chea de cordialidade e boas palabras”, “porque, engadíu, por riba de todo está o respeto”. Por elo, na súa primeira intervención como alcaldesa, Ánxela Fernández , nomeou aos concelleiros da corporación saínte recoñecendo a súa entrega. 
Aos veciños aseguroulles que estaban a vivir una momento histórico e que co paso do tempo recordarán “aquel día en que o Rosal decidíu iniciar un tempo novo”. Indicou o respecto como o seu sinal de identidade e comprometeuse a escoitar a todos: “A porta sempre estará aberta para o diálogo e o consenso”.
Dixo ser consciente do encarga que lle encomedaron os veciños do Rosal o 26 de maio: “Traballar para o Rosal”. Asemade quixo significar a grande participación nos pasados comicios, cun 75% do eleitorado: “É sinónimo de saúde democrática e participar no futuro do Concello: “Grazas pola vosa confianza, a partir de agora empezamos a traballar para mellorar”, apuntou.
Ademais non esqueceu aos que votaron outras opcións ou se abstiveron: “Vai ser un orgullo representarvos a todos, sen excepción e sen distinción; a vida son movementos e este era o momento da oportunidade para O Rosal”. Dirixiuse ao que será o seu de goberno. Asegurou que “é unha sorte liderar ao mellor equipo de persoas”.
Despois de agradecer a presenza de Ana Miranda, “unha muller loitadora que quixo vir a apoiarnos”, entrou no ámbito máis persoal “por primeira e última vez”. Lembrouse dos seus pais, “por quen son quen son”, da súa irmá Marta, “lonxe por motivos laborais, pero que sempre está comigo”, da súa parella David e sobre todo dos seus avós, Pura e Eduardo, “unhas persoas moi especiais, exemplo de esforzo, sacrificio e honestidade, un exemplo do que somos como pobo e sempre un referente para min”.
Rematou coa lectura dunha mensaxe que recibíu ao inicio da campaña por “unha muller moi achegada, a miña segunda nai”. Nela desexáballe o mellor e amosábase convencida de que ía ser fiel a ela mesma: “Prometo que non vou cambiar, teño moi claro de onde veño”. Coma despedida definíuse como “unha rosaleira amante da música, dende a miña participación na Agrupación Musical do Rosal; do deporte, dende o equipo de fútbol de Tomiño, onde xogo dende os 19 anos; da Economía, a miña profesión e da Política, a miña paixón”.
Unha vez finalizado o pleno, a xa alcaldesa, Ánxela Fernández, dirixíuse dende o balcón do Concello aos veciños congregados na praza para repertir a mensaxe que dera no interior, volvendo a emocionar aos presentes.n

Te puede interesar