val miñor

Nigrán vístese de negro en 150 establecementos

O Centro de Información as Mulleres de Nigrán.
photo_camera O Centro de Información as Mulleres de Nigrán.

A campaña faise co Día da Eliminación da Violencia as Mulleres

 O Concello de Nigrán súmase á conmemoracón do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres coa celebración esta semana de diversos actos alusivos. Así, coincidindo co Black Friday e a iniciativa do Centro de Información as Mulleres (CIM) do Concello de Nigrán, máis de 150 establecementos do municipio "vestirán" os seus escaparates de negro en sinal de loito polas víctimas de maltrato (moitos xa iniciaron a campaña). Ademais, tamén hoxe ás 11:30 horas na Praza do Concello, o goberno de Nigrán lerá o manifesto deste ano, acto que se repetirá o domingo ás 13 horas antes do concerto de 'Blues do País' programado por tal motivo no Auditorio Municipal.  Xa o luns, o CPI de Panxón acollerá un espectáculo de acrobacias e performance a cargo dos propios alumnos, que deseñaron a actuación tendo en conta esta data. 
Baixo o lema 'Nigrán en Negro' o Concello propón novamente "vestir" de loito os escaparates, maniquíes, mesas dos restaurantes, locais de entidades ou mesmo o propio persoal traballador en sinal de dor por tódalas mulleres que sofren violencia ou que faleceron por mor dela. O Concello sumouse o ano pasado a esta campaña de sensibilización cidadá titulada #EnNegroContraAsViolencias coa participación de cen locais, e este ano serán  máis de 150. n

Te puede interesar