n n n A Deputación de Pontevedra ven de rematar a mellora da capa de rodadura da estrada provincial EP-5003 A Cañiza- Arbo, ao seu paso polo Concello cañicense. Estes traballos, segundo explica o deputado de Mobilidade Uxío Benítez, tiñan como obxectivo aumentar a adherencia da plataforma para os vehículos mediante unha nova capa de tratamento antiesvaradío. Os servizos técnicos da Deputación consideraron necesario realizar esta mellora en máis de 600 metros da vía entre os puntos quilométricos 10+324 e 10+604, e o 10+745 e 11+075, zonas nas que se tiñan detectado máis problemas de escorregadas. O orzamento, que tamén inclúe o marcado da nova sinalización horizontal, ascende a 53.259 euros que abranguen outras actuacións en Mos, O Grove, Meis e Meaño. Este tipo de melloras e actuacións de mantemento dos firmes das estradas provinciais realizarase a partir de 2018 a través dun novo contrato marco de cara a axilizar as contratacións para, unha vez detectadas ás deficiencias nos asfaltados, poder facer traballos de acondicionamento de xeito inmediato sen pasar por un longo procedemento administrativo. Ponteareas, Salvaterra de Miño, As Neves, Mondariz, Mondariz Balneario, A Cañiza, Covelo, Arbo e Crecente, verán melloradas no 2018 as estradas provinciais (corrixir pavimentos, afundimentos ou peraltes) n.
Buscar
A Fondo
Servicios
condado/louriña
A Deputación ven de mellorar a estrada entre Cañiza e Arbo
redacción. a cañiza [email protected]
Más en A. Metropolitana
A. Metropolitana
La Diputación dará más apoyo e inversión a los ayuntamientos
A. Metropolitana
La patrona de Valencia, sobre un tapiz floral de Ponteareas
A. Metropolitana
Localizan muerto al vecino de Bueu que desapareció mientras pescaba
Agencias
03/sept./22 18:23
A. Metropolitana
La devoción al santo sin nombre volvió con fuerza a Pazos de Borbén
REDACCIÓN
28/ago./22 23:47
A. Metropolitana
Un incendio en Moaña amenaza varias viviendas y obliga a cortar la autovía en dirección Pontevedra
Agencias
22/ago./22 16:55