condado/louriña

BNG: 'Non votar aos que arruinaron Ponteareas'

Represas, entre Pontón e Miranda, no acto de Ponteareas.
photo_camera Represas, entre Pontón e Miranda, no acto de Ponteareas.

Ana Pontón pediu aglutinar na candidatura de Xosé Represas todo o voto nacionalista e progresista o 26M

Nun auditorio de Ponteareas ateigado de veciños, o alcalde Xosé Represas pedíu o voto para a súa candidatura, do BNG, lembrando que “atopamos un Concello en bancarrota, sacámolo da ruina e agora vén o mellor”. Represas asegurou que “temos as ideas e os proxectos para o futuro, temos as persoas capacitadas e preparadas para gobernar e agora, co concello recuperado, temos os cartos que precisamos para transformar Ponteareas e dar solución aos problemas da xente”. 
Miguel Bouzó fixo un chamamento a mocidade a “aglutinar o seu voto na candidatura que pode vencer ao Partido Popular para que o cambio non se deteña”.  Roberto Mera advertíu que “Ponteareas non se pode permitir que volten a gobernar os mesmos que arruinaron o Concello e tanto dano fixeron a Ponteareas”. E Cristina Fernández, salientou que “a pesares da bancarrota fomos capaces de atender o prioritario e o máis necesario para a veciñanza”. Na súa intervención, a portavoz Nacional do BNG, 
Ana Pontón pediu “aglutinar na candidatura de Represas todo o voto nacionalista e progresista para que Ponteareas siga avanzando”. E a candidata ao Parlamento Europeo, Ana Miranda, defendeu que “votar ao BNG é darlle voz" a Galicia en Europa”.n

Te puede interesar