Opinión

HAI CEN ANOS EN VIGO

Ou sexa un século atrás. ¿E que por qué razón falo de hai tanto tempo? Moi sinxelo; porque nunha xuntanza da nosa sapientísima tertulia ?dito esto co razonable sentir verdadeiramente non somos o que se di un órgano de crítica oficial pero, eso si, aparecemos cando nos peta, resposta que levou un preguntón que non sabe que pulamos pola cidade e polos honestos mandamases der blon faceer.. (Que os hai, non si?)


Tirámonos todos das orellas e salíunos o que sabiamos de Vigo no ano 1912 e algo de antes. Coa idea de cotexar, se temos tempo.


Por exemplo Don Verísimo aportou que no 1812 ?'Home, protestou Don Víctor, que eso é un século máis atras.


Pero aportou: 'Nesta época aos alcaldes nomeabaos Arcebispo de Santiago, pero dende aquí abolíronse os señoríos e apareceron os Alcaldes consttitucionais, aínda que seguiron, a miudon os nomeamentos reais, e moitos máis... non moi democráticos,


-Tampouco agora está claro, -intervíu o descontento de sempre. que ás veces ten razón-, apurouno outro tertuliano máis razonador..


-Está ben . Pero eu sei que no 1912 era alcalde Don Joaquín Martínez López que era un avogado pontevedrés que foi accidental. e antes rexíu Vilaboa. Estableceuse en Vigo porque casou coa viguesa Dna. Carmen Ferrer. Foi secretario do Círculo Católico Obreiro onde se relacionou con Eduardo Iglesias e as súas xentes; ía arroupado polos urzaístas. Fai de alcalde accidental algunha vez antes pero convén indicar que entre os seus concellais habia xente como don Miguel Fdez. Lema, o director de 'La Concordia',;don Amador Montenegro, o escritor; Botana Cadaval, etc. Fixérono alcalde cando levaba cinco anos en Vigo. Exerceu tamén de secretario na Asociación General do Círculo Católico Obreiro e de avogado tivo bufete na rúa Real. Alcumárono Chantrero' e, algunha vez firmou con este nome. Tivo o mérito de realizar un proxecto para a Exposición Internacional da Pesca moi razoado, posible e ambicioso que interntou montar en Vigo. E seguro que houbo algo máis importante nese ano. Pero non todos tedes a sorte de ser sabios, ou si?


Te puede interesar