vigo

As corais pechan o ciclo adicado ás Letras Galegas

Un momento do concerto de onte, no Auditorio Mar de Vigo, que pechou o Festival das Letras Galegas.
photo_camera Un momento do concerto de onte, no Auditorio Mar de Vigo, que pechou o Festival das Letras Galegas.

 A décimo terceira edición do Festival Coral das Letras Galegas, organizado por Acopovi e o Concello de Vigo, despediuse na tardiña de onte no Auditorio Mar de Vigo cun concerto no que participaron un total de once formacións.

Este ciclo, que se abría o pasado 13 de maio, estivo adicado á figura de María Victoria Moreno, a mestra e escritora de literatura infantil e xuvenil á quen este ano se lembrou no Día das Letras Galegas. O concerto permitiu achegar ao público obras do cancioneiro popular galego, como “Unha noite na eira do trigo”, “Catro vellos mariñeiros” ou “Foliada de Nadela”,  interpretadas polas corais Amadeus, Rivera Atienza, Enarmonía, Rosalía de Castro do Colexio Médico, Coro Clásico de Vigo, Santa Clara de Lavadores, Ureca, Nautilius de Comesaña, Anduriña de Coruxo, Teis e Gli Appassionati. 

Te puede interesar