+ Deporte

O Seis do Nadal dille ola ó 2020

Ata setecentos deportistas estiveron na cita, unha clara mostra do potencial da canteira do Seis do Nadal.
photo_camera Ata setecentos deportistas estiveron na cita, unha clara mostra do potencial da canteira do Seis do Nadal.
O club de Coia presentou ós seus equipos para o curso 2019/20 nun pavillón de Navia ateigado con 700 xogadores
O Seis do Nadal é un dos clubs máis representativos do baloncesto de canteira na cidade de Vigo. O pasado domingo exhibiu músculo no Pavillón de Navia, no que levou adiante a presentación dos sus equipos para a presente tempada 2019/20. Un total de 27 conxuntos que participan en competicións federadas ateigaron o parqué do recinto vigués. Xunto a eles, dez equipos máis das escolas deportivas, cos máis cativos da familia, e un de veteranos, cos xogadores máis curtidos do club. En total, 700 xogadores que encheron a pista do polideportivo de Navia.
O alcalde da cidade, Abel Caballero, achegóuse ó acto e animou ós rapaces e a directiva do Seis do Nadal, que hai dúas semanas preside Iria Otero, a continuar a desenvolver o seu traballo no eido do baloncesto, coa canteira coma estandarte. n

Te puede interesar