RAMÓN SARMIENTO Novo secretario xeral de CC OO en Galicia

"Temos que dotarnos dun novo esquema que nos permita chegar onde está a mocidade"

Ramón Sarmiento, de CC OO.
photo_camera Ramón Sarmiento, de CC OO.

 Ramón Sarmiento (Baiona, 1973) foi escollido este venres novo secretario xeral de CC OO en Galicia. O seu obxetivo, unidade sindical e integrar á mocidade e máis mulleres na organización.


¿Como recibe o cargo?
Con moita ilusión e algo de emoción, tamén. Non foi un traballo doado, débese a un esforzo colectivo no que participou gran parte da organización. Teño con ganas de empezar a traballar.


¿Que primeiros pasos dará?
Empezar todo o que fumos explicitando da nosa proposta sindical. Imos facer a proposta organizativa nun proceso de asambleas de afiliados en todas as comarcas onde imos ir concretando a proposta de cambio de sistema de organización. É prioritario propoñer dende a dirección nacional unha proposta concreta a CIG e UXT en materia de unidade sindical centrada na negociación colectiva no noso territorio. Estará fesito ao longo do mes de xuño.


A dirección achégase as bases...
O congreso previo iniciouse en decembro en asambleas de primeiro nivel. Eso nos facilitou moitos elementos de diagnóstico. Agora toca que empecemos a trasladar medidas concretas para respostar a unha diagnose bastante compartida. En CCOO hai cousas que hai que cambiar, modos de atención sindical que mudar, é onde imos empezar de xeito inmediato plans de traballo concretas para tarefas que ten que facer o sindicato ao longo deste ano.


Un dos problemas é a baixa afiliación da mocidade...
Vai ser unha prioridade, dende logo. Pero o certo é que o mellor a mocidade non tivo posibilidades como no personal eu tiven. Eu puiden afiliarme, pero dende un emprego fixo e nunha gran empresa. Esa é precisamente a expectativa que a xente moza hoxe non ten. Ten dificultades para achegarse o sindicato, pero é que ten tremendas dificultades para achegarse o mundo do traballo, e cando o fai é nun contexto de altos niveis de precariedade. Ahí é a resposta que prioritariamente temos que facer os sindicatos. A mocidade ten que ver que o seu problema é unha prioridade para as forzas sindicais. A xente nova non está chegando ós espacios onde están os sindicatos, as empresas, colectivos con convenios de referencia, comités. Temos que dotarnos dun novo esquema organizativa que nos permita chegar onde está a mocidade.


¿A precariedade dificulta a afiliación sindical?
Dificulta moito. A actividade sindical se da nun contexto de cercanía, que tes un compañeiro no comité que o coñeces, empatizas con él e te afila. Hoxe moita da xente moza non ten posibilidades de achegarse a ese sindicato que é o modelo máis tradicional e ten que facelo por outro camiño

.
¿Como abordará CC OO a negociación con empresa e administración?
A administración mandou un mensaxe preocupante cos presupostos. Eleva as previsión de crecemento, e ese mismo presuposto só destino un 1% a crecemento de salarios públicos. E unha mal mensaxe. As cifras macroeconómicas sitúannos en termos anteriores a crise, pero a crise levouse boa parte das nóminas. Os traballadores teñen que beneficienarse do crecemento ao mesmo ritmo.


¿Que mensaxe envía a clase traballadora galega?
Entendemos a mensaxe de que temos que dar unha resposta máis eficar e eficiente. Imos precisar do seu apoio para que crean que é necesario poñer diante a proposta de unidade sindical, eles nolo dicen forma reiterada.

Te puede interesar