LISARDO DOMÍNGUEZ SECRETARIO XERAL DE AUTóNOMOS DE GALICIA (AUGA)

“Necesitamos crédito e que montar un negocio sexa máis sinxelo”

Lisardo Domínguez.
photo_camera Lisardo Domínguez.

Autónomos de Galicia (Auga) naceu en decembro de 2012.

 No último congreso de UPTA-Galicia decidiron integrar a tódalas Upta galegas e así se teñen convertido nunha das organizacións máis representativas en Galicia, cuns 26.000 representados, que non é os mesmo que socios directos, lembra o seu secretario xeral, Lisardo Domínguez. Auga pretende ser un catalizador e integrar outras organizacións para ser máis fortes e estar nas decisións importantes para o colectivo. Agora están volcados en incrementar os servizos ós socios e así os dez euros ó mes que pagan dan dereito a estudios enerxéticos para reducir a factura ou da telefonía, acordos bancarios, seguros médicos e un departamento xurídico propio, ademáis do proxecto da cátedra do autónomo e teñen en marcha reclamacións do céntimo sanitario. Lisardo Domínguez, o seu secretario xeral, leva dende 2005 na representación do colectivo e en 2009 chegou á secretaría xeral. É do Concello de Bande, en Ourense, foi funcionario interino dez anos e logo pasou a comercial no sector de seguros. Lembra que nos últimos anos teñen acadado melloras, como o paro dos autónomos, aínda que asegura que hai que melloralo, ou o Estatuto do Traballador Autónomo. Lamenta que a Mesa do Autónomo esté paralizada. En Galicia hay 216.000 autónomos, son  2.600 máis que hai un ano e só en xuño 1.054 máis.
Ven recuperación os autónomos?
As cifras macroeconómicas dan unha certa recuperación. Pero unha cousa son as grandes cifras e outra a economía de a pé. Os autónomos son o colectivo que máis dinámico se ten demostrado. Sin ningún tipo de axudas para poder iniciar unha actividade a diferencia doutros países europeos, como Inglaterra ou Holanda onde en cinco minutos estás de alta e non pagas outro papeleo hasta que xa estás dando beneficios. Eiquí é una carreira de obstáculos como si emprender fora unha escaleira ao inferno. El elo a pesares de que a famosa licencia exprés pretendía axilizar para montar calqueira tipo de negocio.
Non se ten conseguido.
Eu reto a calquera dirixente de calquera administración e demostrámoslle que non é así. Empezas a bailar de Facenda á Seguridade Social, da Seguridade Social ó Concello. Si vas ter local, peor todavía con permisos e proxectos, que engaden gastos e trámites que teñen que facer profesionais externos que encarece o proceso. Non nos queixamos de que o proceso coste cartos, aínda que podería ser cáseque gratuito como fan en Europa. A verdadeira axuda sería facilitar os trámites administrativos, a burocracia para dar de alta un negocio. A pesares de todo esto o colectivo crece e está respondendo ó cambio de coxuntura económica. ¡Fíxate si nos axudaran un pouco!
Que lle fai falla ós autónomos?
Acceso á financiación, porque sin cartos non se pode emprender nin exportar. Se lles subvenciona ós bancos a desfeita do ladrillo e temos que pagalo todos os cidadáns e en especial o colectivo autónomo que é o que máis sofre. Porque hai xente que estivo avalando coas súas casas préstamos porque a banca non lle daba póliza de crédito e para seguir co negocio funcionando e agora non teñen nin negocio nin vivenda. Necesitamos crédito en condicións ventaxosas para emprender un negocio. Segundo, axilización nos trámites para a apertura, que sexa todo máis sinxelo, que cunha simple firma ou una simple xestión informática se poida dar de alta un negocio e logo xa lle cobraremos cando gane. Outros temas añadidos que nos afectan é o asunto dos xulgados, que suporía un coste añadido a supresión deses xulgados  para os autónomos. Pois si Vigo é a cidade máis populosa e na que se  dan de alta máis autónomos non e de xustiza que nos leven os xulgados a Pontevedra. Pero é que a xente dos pobos é peor. Estamos con moitos casos aquí na asociación de xente que ten pendiente cobros, que está con concursos de acreedores, xente que ten despidos que hai que litigar e de entrada pagas e despois colle un taxi para ir ó xulgado. Outra medida que afecta a asociación é que non podemos prestar a mesma axuda que antes porque antes tiñamos locais nas principais ciudades e cabeceira de comarca con atención en toda Galicia, pero hoxe non porque a Xunta nos recortou de forma salvaxe as axudas. Sí llo dan a outros estamentos como Cámaras de Comercio e Confederacións de Empresarios, pero hai que recordar que eles sos non son os que moven a economía, o PIB o moven na maioría os pequenos autónomos. Tiñamos que olvidar esa política das axudas e subvencións, eso fixo moito dano, pero somos todos culpables. n

Te puede interesar