CICLISMO VOLTA A PORTUGAL

De Mateos e Veloso apertan a clasificación

Vicente García de Mateos gañou onte en Oliveira de Azemeis.
Vicente García de Mateos gañou onte en Oliveira de Azemeis.
De Mateos e Veloso apertan a clasificación

O líder da clasificación xeral da Volta a Portugal, Raúl Alarcón (W52-Porto), cedeu onte parte da súa renda na chegada da antepenúltima etapa da Volta a Portugal, na que conquistou a vitoria Vicente García de Mateos (Louletano), que agora ocupa a segunda praza a 14 segundos de Alarcón. Nocentini (Sporting-Tavira) é terceiro a 19 e Gustavo Veloso cuarto a 26. Todos eles recortaron segundos onte antes da etapa raíña da proba de hoxe na Serra de Estela, que inclúe o ascenso ó teito de Portugal, o alto da Torre, como porto de paso.