liga 2014/2015

Volve o derbi galego

O Celta gaño ó Deportivo nun encontro de preparación.
photo_camera O Celta gaño ó Deportivo nun encontro de preparación.

O Deportivo regresa a Primeira con Víctor Fernández no banco nunha liga con novas estrelas como Kroos, James ou Luis Suárez

Hai algo máis dun ano, no primeiro fin de semana de xuño de 2014, Celta e Deportivo vivían unha xornada de ledicia e traxedia. Ámbolos conxuntos xogábanse a permanencia en Primeira División con vantaxe na táboa para os da Coruña. Non obstante, o equipo herculino medíase a unha Real Sociedad que buscaba entrar na Liga de Campións e os vigueses a un Espanyol xa salvado. Os dous equipos o facían na súa casa, en Riazor e Balaídos. 
Gañou o Celta e perdeu o Deportivo. Os coruñeses tomaban a dirección de Segunda nunha tempada na que lograron unha vitoria e un empate nos dous enfrontamentos diretos ante o equipo vigués. Ó final, unha pequena    ledicia nunha tremenda traxedia. Para o Celta, practicamente condenado nas dúas últimas xornadas, os derbis galegos quedarían coma unha mínima tristura nunha salvación agónica e inmensamente feliz. 
Agora, tras unha tempada de transición, os dous equipos galegos medíranse nunha dobre cita de rivalidade que chegará pronto, dentro dun mes. Balaídos acollerá o primeiro derbi galego do curso o martes 23 de setembro ás 22:00 horas. Un horario que comprica moito o desplazamento de seguidores do equipo herculino ó campo de fútbol vigués. 
O segundo partido da tempada chegará en inverno. No terceiro fin de semana de febreiro, o equipo vigués volvera a viaxar hasta A Coruña. No último enfrontamento, o equipo dirixido por Abel Resino caiu de forma clara (3-1). 
Os enfrontamentos de Vigo e A Coruña entre Celta e Deportivo serán como dúas illas de rivalidade nunha tempada na que os dóus conxuntos chegan co obxetivo da permanencia e, ó inicio do curso, parece que con mellor plantel e máis solucións o equipo vigués.
Non obstante, serán dous pequenos capítulos nunha telenovela de 38 xornadas que é a Primeira División e na que o Altético de Madrid defende o título conquistado o pasado curso tras superar, por méritos propios, a un irregular Barcelona e un Real Madrid que se tivo que conformar co título de campión de Europa. 
Este curso, a pesar do sucedido na última campaña, volverán a ser os dous grandes os principais favoritos ó título, aínda que o conxunto de Manzanares, sempre prudente, buscará unha nova sorprea.
O terá compricado ante un Barcelona en renovación que deixou saír a Alexis Sánchez e Cesc Fábregas, pero que conta cun triplete máxico na punta do ataque con Luis Suárez, Messi e Neymar. A continuidade de Xavi Hernández e Iniesta parece garantir a continuidade dun fútbol de posesión co ex céltico Luis Enrique Martínez no banco. 
Máis dudas espertan as incorporacións dos centrais Mathieu, procedente do Valencia, e Vermaelen, do Arsenal. O primeiro por unha cuestión de nivel e, o segundo, polos seus habituais problemas físicos. 
No tocante a incorporacións, o Real Madrid tamén tirou do peto para asinar o colombiano James Rodríguez, máximo goleador no Mundial do Brasil, pero que aínda esperta algunhas dúbidas no plantexamento táctico de Ancelotti. Precisamente, co seu compañeiro Toni Kroos sucede o contrario. O alemán comandou a medular da campiona do mundo Alemania e, nos seus primeiros minutos de branco, está a confirmar que pode ser unha das mellores incorporacións do amplo historial de fichaxes de Florentino Pérez.
Completo, solvente na distrubución e en defensa, parece chamado a marcar o ritmo nun equipo que repite triplete de dianteiros co galáctico Cristiano Ronaldo, Gareth Bale e o sempre cuestionado Karin Benzema, que estrea renovación de contrato. En calquera caso, moito caudal ofensivo no Real Madrid de Carlo Ancelotti que, con aires de grandeza tras lograr a Supercopa, fálase de igualar a tempada de seis títulos do Barcelona. Terán que gañar moito para logralo.
Por detrás dos xigantes e do Atlético de Madrid, actual campión de Primeira, presentase un abanico amplo de equipos con especial mención a Real Sociedad e Athletic de Bilbao, que parecen estar un paso por enriba de secundarios como Villarreal, Valencia e Sevilla. En todo caso, facer prediccións a partir do cuarto posto pode converterse nunha lotería. Existe moita igualdade e un grupo moi amplo, case inmenso, de equipos que poden pasar de loitas pola permanencia a postos europeos en caso de encadear tres vitorias.
Ademáis de Deportivo, lograron o ascenso o Córdoba e o Eibar. Un modesto histórico que se debuta na Primeira División.n 

Te puede interesar