Vatapá Quinteto, da bossa nova ao swing cun toque vigués

Os integrantes de Vatapá Quinteto que o venres presentan disco.
Os integrantes de Vatapá Quinteto que o venres presentan disco.
Vatapá Quinteto, da bossa nova ao swing cun toque vigués

nnn Os vigueses Vatapá Quinteto presentan este venres a súa ópera prima cun concerto no auditorio municipal. Javier Buján, Óscar Rodríguez, Marta Sancho, Bea Míguez e Antón Casal levan tocando xuntos dende 2014 y gravaron o seu primeiro disco en directo nos Estudios A ponte, en Roxos. O resultado é un traballo composto por estandars de bossa nova, swing e blues, con algunha sorpresa máis. 
Participaron con músicos invitados como Miguel Moldes, quen toca a guitarra e o banxo nalgún dos temas e o violinista Lázaro Wilman, quen toca o violín en “Retrato en branco e preto.”
Agás as guitarras e o banxo de Miguel Moldes, a harmónica, os coros e algunha percusión menor, o disco foi feito integramente en directo, perseguindo un son o máis natural posible que reflectira o que fan en directo: Un show elegante e divertido, cun coidado son a cargo de Paco Guimarey, que é o produto do afortunado encontro de cinco músicos de procedencias e traxectorias moi diferentes.
Neste disco é o froito do seu traballo, pois tras cerca tres anos tocando en directo, Vatapá Quinteto conseguíu facerse un oco na escea local  polo seu  sonido tan peculiar que sustitúe a batería polo caixón e que conta ademais co son do clarinete, pouco habitual neste tipo de formacións, máis proclives ao son do saxo. 
As entradas do concerto, a 5 euros, pódense adquirir en Elepé ou en taquilla o día do concerto.n