BEATRIZ CAMPOS Contadora de contos, imparte un obradoiro en marzo

“Resulta curioso como pais castelán-falantes utilizan o galego para lles ler aos fillos”

Beatriz Campos, nuha sesión de contos.
photo_camera Beatriz Campos, nuha sesión de contos.

Beatriz Campos (Pontevedra, 1984) é unha habitual das sesións de contos infantís na cidade. Licenciada en Arte Dramática, integrante da compañía Triatreros, narra historias aos máis pequenos en Libros para Soñar e na biblioteca municipal Neira Vilas. De familia de titiriteiros, actúa cos pais e irmáns con Migallas. Tódolos xoves de marzo compartirá a súa experiencia en obradoiros para contar na librería do Casco Vello.

Que é o primeiro que hai que ver para escoller o conto apropiado?
A idade do neno. Ata os 3 anos gústanlle as historias de animais e cousas cotiás que coñeza. Ata os sete anos están na fase dos contos marabillosos e a partir dos dez xa se lles poden meter outro tipo de temas. Para manter a atención do cativo é importante que a narración se adapte a súa madurez. Tampouco é o mesmo se o receptor é un neno só ou son varios. Hai que analizar todos estos parámetros.

Para captar a súa atención é importante a teatralidade?
Unha cousa é o teatro e outra os contos. No primeiro, nós creamos unha ficción, pero no conto tanto o espectador como o narrador estamos na mesma realidade. Está máis relacionado coa tradición oral. Para animalo, se poden imitar voces ou xesticular.

Que relación mantén coa trasmisión oral galega?
Beben desa tradición. O obxectivo dos contos é aprenderlles o mundo a través das historias, fomentar o achegamento á lectura e crear un vencello co contador, por iso os mellores narradores son os pais e os avós. Acostuma ao neno a escoitar. Os contos seguen a ser unha ferramenta de trasmisión. Resulta curioso como algúns pais castelán falantes utilizan o galego para lles ler aos fillos.

Os nenos da xeración das tecnoloxías atopan interés nas narracións orais?
O neno, cando un se para a o atender, é como unha esponxa. Pero hai que facer o esforzo de lle propor algo diferente, porque para os adultos as novas tecnoloxías son unha boa excusa.
Quen se interesa por aprender a contar contos?
Pois é unha mestura de todo. Dende docentes a pais, pero tamén acuden persoas vencelladas co mundo hospitalario, co servizo á terceira idade ou colectivos de axuda á muller. En tódolos cursos sempre hai cinco ou seis participantes que proveñen de eidos non relacionados cos contos e aportan ideas moi interensantes.n 

Te puede interesar