vigo

Korrontzi, referente do folc vasco, presentan disco en Vigo

Un dos integrantes de Korrontzi, que tocará o vindeiro sábado en Vigo.
photo_camera Un dos integrantes de Korrontzi, que tocará o vindeiro sábado en Vigo.

Un dos grupos máis destacados do folc vasco, Korrontzi, ofrece un concerto único en Galicia o vindeiro sábado, 16 de decembro no auditorio Municipal de Vigo ás 20.30 horas.

Ademais dos catro músicos, participarán tamén dous bailaríns e un convidado moi especial, o gaiteiro galego Óscar Ibáñez. Este grupo foi fundado en 2004 por Agus Barandiaran, o trikitilari da banda (intérprete da trikitixa, acordeón diatónico vasco). A súa intención era darlle aos sons ancentrais e tradicionais vascos un aspecto contemporáneo, pero sempre dentro do ámbito dunha música baseada na trikitixa e noutros instrumentos étnicos como a txalaparte ou a alboka, aínda que con técnicas modernas e co apoio de instrumentos como a mandolina, a guitarra, o baixo, o contrabaixo eléctrico e percusións.
Korrontzi leva seis álbumes publicados ao longo de 12 anos enriba dos escenarios.  O último, ‘Korrontzi Dantzan’, foi publicado a finais de 2015, é un CD-DVD que recolle os seus sons dos últimos anos, numerosos músicos convidados e os mellores bailaríns do País Vasco. 
Nestes anos, Korrontzi levou a súa cultura, lingua, danza e música por todo o mundo, tocando en países como Estados Unidos, Rumanía, Cabo Verde, Irlanda, Brasil, Malasia, Grecia, Italia ou Portugal. Foron galardoados con numerosos premios e mencións como os “World Music Charts 2014”, “World Music Charts 2015” ou “Mellor Banda Europea” para Eurofolk.n

Te puede interesar