vigo

Fran Lorenzo regresa á casa cun libro baixo o brazo

Fran P. Lorenzo presentou o seu libro en Vigo.
photo_camera Fran P. Lorenzo presentou o seu libro en Vigo.

 O xornalista de Cultura Fran P. Lorenzo, nado en Vigo en 1973 residente en Santiago, regresa a cidade cunha novela baixo o brazo.  Onte presentou en JT Photogallery, no Barrio Alto do Casco Vello, a súa ópera prima, “Cabalos e lobos”.
A historia, ambientada en Vigo, que logrou facerse co Premio Blanco Amor de narrativa e ser unha das novelas máis demandas nas librerías da cidade este xoves no que se celebrou o Día do Libro. En declaracións a este medio ao pouco de coñecer o fallo do xurado do Blanco Amor, Lorenzo afirmou que “esta novela só podía acontecer en Vigo; a miña idea é recrear os ambientes da cidade, os que lle dan sentido á historia; non a amoso en clave local, so recoñecible para os de alí; amoso un Vigo cosmopolita, conectado con toda Europa, como foi noutro tempo”.
Onte, Lorenzo estivo acompañado por Belén Regueira e o editor Manuel Bragado.n

Te puede interesar