“Empecei a escribir a novela para botar a dor e a anguria fóra”

vigo

Manuel Esteban Domínguez (Vigo, 1971) é médico especialista en Medicina Familiar e Comunitaria e profesor da rama sanitaria de Formación Profesional. É pai de dous nenos, o maior dos cales ten síndrome de Down, situación que marca tamén a obra "A Ira dos mansos", coa que acaba de gañar o Xerais de novela.

rosé carrera. vigo rcarrera@atlantico.net
Publicado: 05 jun 2016 - 03:02
Manuel Esteban sitúa “A ira dos mansos” na cidade de Vigo.

Esta é a súa primeira incursión coma escritor?

Si, son escritor de autoconsumo, que viña escribindo como algo íntimo. Teño un fillo con síndrome de Down e cando empecei a escribir esta novela fíxeno como unha queixa, como unha forma de botar a dor, a anguria e o medo fóra.

Que ten de vostede o personaxe central da novela, o inspector Carlos Manso?

Elexín o xénero da novela negra porque é no que me sinto máis cómodo. O inspector é moi mordaz, moi desaborido, moi cínico. Na obra recorro ao subxénero da novela psicolóxica. O inspector, na súa viaxe, atopa a discapacidade intelectual e baixo a súa apariencia están as emocións miñas.

E Vigo aparece tamén coma outro personaxe da novela?

Quixen buscar escenarios próximos, que eu coñezo ben, para facer máis auténtico o universo que quería propoñer.

Agardaba este premio?

Aínda estou en estado de schock. Foi toda unha sorpresa porque non me sinto escritor. Si son un gran lector e é certo que, aínda que son médico, me dedico á docencia e hai moita tradición de escritores neste ámbito. n

Contenido patrocinado

stats