Vigo

O desmelene de Pedro Feijoo na última novela

O desmelene de Pedro Feijoo na última novela
photo_camera O desmelene de Pedro Feijoo na última novela

Pedro Feijoo (no centro) recoñece pasalo ben mentres escribe. Desfruta e nótase. Un exemplo é a súa última novela “Morena, perigosa e románica”, onde o autor vigués deixase levar polo seu sentido do humor. Onte presentou na librería Andel a obra recén saída da imprenta. É unha historia tola, chea de personaxes curiosos, que xira arredor do roubo da Moreneta. Localizada entre Vigo e Barcelona, a súa lectura ten os risos garantidos.

Te puede interesar