O vigués Juan Durán pon música ós 40 anos do Consello da Cultura
O programa de actividades co que se celebra o 40 aniversario do Consello da Cultura Galega inclúe a estrea da composición “Terra”
O Consello da Cultura Galega conmemora o seu 40 aniversario cun programa de actividades que inclúen a estrea de “Terra”, unha composición realizada para a ocasión por Juan Durán (Vigo, 1960). “Para unha efeméride tan importante ilustrei un texto dun autor referente, Ramón Cabanillas.
É unha obra ambiciosa, testemuña desta celebración”. O compositor reseña, en declaracións a Atlántico, o carácter de servizo social da música “que ás veces se esquece”. Buscou o carácter reivindicativo, partindo dos textos máis militantes: “No desterro”, “Vento mareiro” e “Da terra asoballada”. O resultado é unha obra de longa duración, 40 minutos, en tres movementos que combina distintos tons, dende o épico ao dramático, pasando por toda unha gama descritiva.
Trátase dunha cantata para ser interpretada por unha sinfónica, acompañada de coral e solistas. “É a agrupación máis ambiciosa da música clásica, só reservada para as grandes celebracións”, sinala Durán. A Orquesta Sinfónica de Galicia será a encargada de tocala esta noite no Palacio da Ópera de Coruña, dun repertorio no que estará introducida por la sinfonía “Renata” de Robert Schumann. “O percorrido de estas pezas é sempre limitadísimo, a difusión no mercado é moi pequena. Supón un esforzo moi grande por parte de quen escribe e para quen a interpreta, pero non hai demanda e non se volve repetir”.
Consciente de que a composición non é un produto de masas, permanecerá dispoñible nas canles dixitais. “En Galicia temos un problema, identificamos a música da terra cun xénero determinado, de pop ou jazz, pero ninguén pensa na música clásica galega”, apuntou o compositor.
Contenido patrocinado
También te puede interesar