Unha obra testada en bares vigueses gaña os Xuventude Crea
Lara Álvarez e Elsa Comesaña, da compañía Aterradas, foron distinguidas pola súa peza “Planeta Pop. A alien que se converteu en superestrela”
Unha comedia, desenvolvida por Elsa Comesaña e Lara Álvarez, obtivo o primeiro premio de Xuventude Crea 2026. Co título “Planeta Pop. A alien que se converteu en superestrela” combina actuacións musicais con sketchs cheos de circunstancias histriónicas. “Usamos a parodia e a esaxeración, cuestionamos os relatos emotivos de ascenso á fama, admirándoos ao mesmo tempo”, sinala Comesaña en declaracións a Atlántico.
Trátase da versión longa do proxecto que se estreou no Teatro Gorrilla, que leva a arte dramática a bares e rúas da cidade. “Participamos no Gorrilla cun work in progress. Foi unha experiencia fantástica, que recomendo aos realizadores noveis que queiran presentar unha obra. Consigue levar o teatro a xente que doutro xeito non iría”, apuntou a actriz. “Creamos a peza seguindo as nosas tres máximas: Divertirnos facendo teatro, atopar unha linguaxe propia e facer unha comedia para unha xeración que faga sentir á xente comprendida”.
Alumnas do ESAD, levan un ano coa compañía, na que, coa asesoría de dirección de Paula Pier, son responsables da creación, da posta en escena, da música, da iluminación e da interpretación. A súa primeira colaboración foi no traballo de fin de curso, “Que rima con Chomsky”. Agardan que esta distinción contribúa abrir as portas do sector profesional. “Consideramos que é un recoñecemento importante. Por agora tivemos moi boa recepción e apreciamos no público ganas de ver novas propostas”.
O segundo premio de Xuventude Crea recaeu Forza 5 (Candela Ferro, Sandra Zarco e Roberto Vázquez), de Ferrol con "Algo provisional", e o terceiro, en “Oh, Sara”, da viguesa Pepa Sofía Suárez.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último