Silvia Cachafeiro e Bea Lema, gañadoras no festival Pontes
O Festival de curtametraxes Pontes pechou a súa sexta edición tras tres días de proxeccións de audiovisual da galego e portugués
Pontes, a semana do cinema galego e portugués pechou a súa sexta edición con presenza de Brasil, Cabo Verde, Portugal e Galicia, recoñecendo a dúas curtametraxes galegas que abordan, desde perspectivas diferentes, a memoria, a identidade e o papel das mulleres na sociedade. O Premio do Xurado á Mellor Curtametraxe, recaeu en “O Corpo de Cristo”, de Bea Lema (2024, Vigo, animación 2D). O xurado destaca o carácter autobiográfico da obra e a súa capacidade para recuperar a memoria histórica e cultural das mulleres mediante unha animación 2D inspirada na mestría artesanal e colorista do punto de cruz.
Por outra banda, o Premio do Público á Mellor Curtametraxe foi para “As Mãos da Pulpeira”, de Silvia Cachafeiro (2025, Galicia). A película foi tamén recoñecida cunha Mención Especial do Xurado, que salienta o seu interese cultural e social ao vincular a recuperación dun oficio tradicional galego coa transmisión do patrimonio inmaterial e da sabedoría popular, destacando o papel das mulleres nestes ámbitos. O xurado valorou a capacidade dos planos abertos para transformar unha realidade familiar e cotiá nun relato colectivo, no que avoas, nais e irmás representan unha forza fundamental.
Contenido patrocinado
También te puede interesar