Retirada en Tui unha marquesina perigosa

O alcalde considera que se trataba tamén dun problema estético

O Concello de Tui retirou onte pola mañá un voladizo ou marquesina existente na rúa Coruña da cidade. Trátase dunha boa noticia para os viciños, e moi desecada por eles.

Publicado: 27 sep 2011 - 10:48 Actualizado: 10 feb 2014 - 12:40
A marquesina antes de ser retirada por operarios municipais.
A marquesina antes de ser retirada por operarios municipais.

A marquesina en cuestión, no estado en que se atopaba desde xa moito tempo, un estado que moi ben pode ser calificado de 'ruinoso' -o propio Concello así o recoñeceu- non só afeaba esta céntrica rúa tudense senón que ameazaba gravemente a seguridade tanto de peóns como vehículos que transitan por este punto.

Finalmente, unha brigada de operarios municipais procedeu onte pola mañá á retirada desta peza metálica.

Para o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, esta intervención dos servizos municipais forma parte dos traballos de limpeza que ven intensificando o goberno municipal tudense dende a súa toma de posesión.

Moisés Rodríguez engadiu que a retirada da marquesina da rúa Coruña reflicte o seu compromiso por acadar, contando especialmente coa colaboración dos veciños, 'unha mellora da calidade de vida da nosa cidade, mellorando o seu ornato'.

Contenido patrocinado

stats