Religión
Bouzas recupera su Semana Santa
HOMENAXE Á ESCRITORA DAS LETRAS GALEGAS
O CEIP O Pombal, no barrio do Calvario, onde se cravou a infancia de Begoña Caamaño acolleu onte a presentación da última edición de Primavera das Letras, o proxecto da Real Academia Galega (RAG) que achega a literatura galega á rapazada. Esta edición rende homenaxe á escritora e xornalista protagonista do vindeiro Día das Letras Galegas.
A escritora An Alfaya, compañeira e amiga de Caamaño na mocidade, escribiu a peza teatral “Uuu-uuu, Begoña!”, pensada para ler e representar dentro e fóra das aulas. A obra sitúa a homenaxeada nos mundos de O Bosque do Aquén e O Bosque do Alén, onde as protagonistas das súas novelas “Circe ou o pracer do azul” e “Morgana en Esmelle” axúdana a salvar un cofre máxico co tesouro das Letras Galegas 2026. Alfaya destacou que a obra busca achegar aos nenos os mitos e as protagonistas femininas das súas narrativas.
A ilustradora Laura Romero recreou o proxecto en imaxes expresivas que acompañan a web primaveradasletras.gal, con actividades interactivas, fichas para colorear e outros recursos sobre a vida e obra de Caamaño.
O presidente da RAG, Henrique Monteagudo, resaltou o papel clave das mestras e mestres para sementar o futuro do galego e afirmou que a escola é un espazo privilexiado para fomentar a lectura en galego. A académica Fina Casalderrey, coordinadora do proxecto, subliñou a importancia de fusionar teatro, literatura e ilustración para achegar a autora á rapazada.
O acto contou tamén coas intervencións de Daniel García, director do colexio, e Beatriz Caamaño, irmá da homenaxeada, quen animou os nenos a manter a curiosidade, ler e ser protagonistas das súas historias. García destacou que “O Pombal comparte os valores de Begoña: igualdade, defensa do galego e do ensino público”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Religión
Bouzas recupera su Semana Santa
HOMENAXE Á ESCRITORA DAS LETRAS GALEGAS
O Pombal estrea a obra teatral sobre Begoña Caamaño da primavera das letras