Oito paradas na vida de Domingo Villar

Pedro Feijoo e Guada Guerra dirixiron o routeiro adicado ao escritor

Os escritores Pedro Feijoo e Guada Guerra, onte cos participantes no routeiro coa escultura de Domingo Villar na Alameda, organizado pola Feira do Libro.
Os escritores Pedro Feijoo e Guada Guerra, onte cos participantes no routeiro coa escultura de Domingo Villar na Alameda, organizado pola Feira do Libro. | Juancho Everman

A expectación era máxima e dende o luns xa estaban esgotadas as prazas para apuntarse ao routeiro adicado a Domingo Villar (Vigo, 1971-2022) na Feira do Libro. Foi un percorrido, dirixido polos escritores Pedro Feijoo e Guada Guerra polo corazón da cidade con oito paradas vencelladas ao homenaxeado. A alta participación foi, para os guías do evento, unha mostra do agarimo que se lle ten ao creador do inspector Leo Caldas.

Ambos mestres de cerimonias, que trataron persoalmente a Villar, destacaron a súa grandeza humana: “Era un home bo, penso que iso é o que o primeiro que destaca todo o mundo de Domingo, sempre estaba pendente de todo, nunca se esquecía do que se lle comentaba, preocupábase polos problemas dos demais”. Mais tamén a súa achega á literatura. “O seu legado é inmenso, e aínda non se recoñeceu como se debería todo o que fixo pola literatura galega”.

O punto de encontro foi a escola de Artes e Oficios, onde traballaba a vítima do derradeiro caso de Caldas en “O último barco”. “Esta foi a última novela que escribiu, pero non a súa última obra; estaba traballando en ‘Síbaris’, a unha obra de teatro que levaron a escena Carlos Blanco baixo a dirección de Lois Blanco e ‘Algúns contos completos’, ilustrados por Carlos Baonza, eran as historias que contaba aos amigos nas sobremesas e quixo compartilos con todos”, indicou Feijoo.

A seguinte parada foi a rotonda da Paellera, ubicación orixinal do bar El Puerto, agora trasladado á rúa Arxentina. “A través das localizacións dos libros de Domingo pódese facer un percorrido polos bares e os lugares da cidade que se van perdendo como Almas Perdidas, o Tony´s, Gota de Leche ou o Viúda, e que son parte da nosa historia. El non escollía os escenarios por casualidade, amais de entreter, sempre buscaba algo máis, transmitir un coñecemento”. Así, Feijoo e Guerra guiaron á comitiva por outros puntos de interese como o lugar onde Caldas escoitaba jazz, no local que fora a librería Esmorga. “O dono decatouse que ía gañar máis vendendo viño que libros”. Tamén El Eligio foi motivo de reflexión. “Penso que idealizaron o que creou Domingo e iso pode chegar a ser negativo”.

La Alameda, “a zona cero de Domingo”, agrupou catro paradas. A primeira é a sede de Radio Vigo, que Feijoo presenta como unha edificación representativa do eclecticismo vigués, obra de Alejandro Rodríguez Sesmero. “Aquí era onde Leo Caldas levaba o programa ‘Patrulla nas ondas’, da emisora Onda Vigo”. A súa compañeira engade a anécdota que na versión en castelán da súa última novela, conta co alcalde como convidado, “nun guiño á súa participación nos programas radiofónicos”. “Como dicíamos, nada é casual en Domingo Villar, a escolla desta emisora débese a que é a voz que buscan os vigueses dende hai anos para se informar. Foi fundada en 1934 por Santiago Montenegro e Emilio Torrado en Abeleira Menéndez e comezou a emitir co nome EAJ48”, indicou Feijoo.

Outra antiga sede, a de Galaxia, no medio da Praza de Compostela. “Aquí foi onde Domingo Villar veu a ofrecer a súa primeira novela e rexeitárono, foi entón a Xerais e tamén recibiu un non, só cando Siruela aceptou publicar a versión en castelán, fíxoselle caso en galego”. A escultura de Domingo Villar, inaugurada a escasos metros da súa vivenda e as vistas do porto completaron un routeiro que amosou que o escritor segue vivo na súa cidade.

Las colas del día en la firma de Rebeca Stones

Las colas del día en la firma de Rebeca Stones
Las colas del día en la firma de Rebeca Stones | Juancho Everman

La creadora de contenido e influencer Rebeca Stones generó la cola de ayer en la Feria do Libro delante de la caseta de actividades. Cuando llegó, a las doce en punto, sus lectores ya daban la vuelta al stand con las novelas de la viguesa en la mano. Apareció andando por la Alameda y sonriente, saludó a sus fans con un sencillo “¡Hola! ¿Qué tal?”. Aunque firmó ejemplares de todos sus libros, el que más se repitió fue su último título, “Amar sin escalas”, publicado este año.

Contenido patrocinado

stats