Episodios vigueses
Aquellas visitas de Carrillo a Vigo y alguna anécdota
Tito Asorey, director de Ay Carmela! no Teatro do Adro
Representárase na cidade un ano e medio despois de estrearse. Nesta ocasión, Asorey dirixe a Melania Cruz, no papel de Carmela e a Josiño Porto como Paulino.
Veñen á cidade coa experiencia de moitas representacións ao longo de Galicia. Como teñen acollido esta obra nos escearios?
Ten sido moi boa. O público coñece a historia, pero desta está concebida dende a realidade galega. Cambianse os folclóricos andaluces por artistas máis da terra. Ademais o tema da convivencia dos idiomas galego e castelán da moito xogo a nivel cómico.
Pero mantén ese carácter lacónico da peza orixinal?
Aparece claramente. É a memoria e duelo dunha soa morte e como Paulino vai perdendo a pegada de Carmela. Plantexamos a postura que debe tomar o artista nunha situación crítica como a da guerra civil ou a da crise que vivimos.
E atopan coa solución ou deixan un final aberto?
O obxectivo do teatro é sempre invitar á reflexión. Non se trata dunha obra de bos e malos; son dúas formas de sobrevivir.
Representar en Vigo, cidade onde estudou supón un maior reto?
Este público é moi agradecido. Está acostumado a ver propostas moi diferentes. Gústame regresar e amosar que a xente que estudamos aquí agora facemos cousas interesantes.
Como inflúe no seu traballo súa dobre vertente actor- director?
Afronto este traballo como un afondamento no labor do actor e a súa capacidade expresiva. Penso que non se pode desvincular a miña faceta de director coa miña formación como actor. Entre todos ofrecemos un traballo de detalle.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Fútbol | Segunda Federación
El entrenador del Ávila agrede a un directivo del Coruxo con discapacidad