Narla: “Roma nunca puido con nós e iso témolo que contar”

Francisco Narla estréase con “Breo. El celta que desafiou a Roma” como novelista en galego

Fran Narla agotou as novelas de “Breo” na feira de Madrid e de Zaragoza.
Fran Narla agotou as novelas de “Breo” na feira de Madrid e de Zaragoza.

Francisco Narla (Friol, 1978), escritor galego que comezou no mundo profesional como piloto comercial, estréase con “Breo. El celta que desafiou a Roma” como novelista en galego. “Por fin o logrei! Sorprendíame que ‘Ronin’, a miña historia sobre samurais vai pola terceira edición en chinés e que non tivese ningunha obra escrita na miña lingua, cando todas miñas novelas falan dalgún xeito de Galicia”.

O xérmolo de “Breo” está nun paseo co can pola súa aldea e a descuberta do que veu a ser os restos da muralla de castro en Labouzas. Picoulle a curiosidade e iniciou unha investigación da época castrexa que enriquecida con lendas e mitos, fructificou nunha novela que fala de celtas galegos e da Galicia prerromana. “Os galegos somos os celtas primixenios, os científicos demostraron que a cultura celta xurdiu aquí e se espellou polo arco atlántico, o xenetista Bryan Sykes afirmou que británicos e irlandeses preceden polos seus ancestros celtas de pescadores galegos". A nova proposta de Narla reivindica a épica galega, encabezada por Breo, que recuperando a lenda de Breogán, foi quen de reunir todos os clans para loitar contra as lexións.

Roma non puido con nós e iso témolo que contar; mentres tardou sete anos en conquistar a Galia, o noroeste península tardou en caer 200 anos e cada pouco se sublevaba, se non fora polas minas de ouro, farían como cos escoceses, levantarían un muro que os protexera deses 'barbudos”. “A xente alucina no cine co que fixo William Wallace, por que non presumir de ser o pobo que puxo de xeonllos aos romanos”.

Breo está acompañado por unha druída que o guiará nesta misión. “Os cronistas latinos non sitúan druídas nestas terras, pero Galicia é máxica e se agora hai bruxas e curandeiras como nos as ía haber entón, foi algo que como as rapas das bestas chegou dende o mundo celta ata a actualidade”.

Recoñece que as estradas, os anfiteatros e moitas cousas que trouxeron os romanos estaban ben, pero non por iso “temos que infravalorar o noso pasado e acabar crendo a versión do Imperio, antes de que chegaran había ourivería como a do tesouro de Caldas; comerciabamos cos fenicios, os homes vermellos e veneraban aos cabalos; esta novela é unha reivindicación do que é ser celtas”. Baseándose unha vez máis nos estudos xenéticos vai máis alá e apunta que “toda a península é celta, trala reconquista a repoboación foi de norte a sur, de aí que en Castelá A Mancha haxa as nosas lendas da doncela que se converte en cervo ou a muller enmeigada da lagoa”.

Para escribir a novela acudiu a fontes clásica e en estudios historiográficos, pero tamén aprendeu a montar a cabalo, mariscou percebes e visitou todos os castros que aparecen na novela: “A documentación non é só papel, hai que vivir o que se vai escribir”.

Contenido patrocinado

stats