A música, un refuxio e un novo reto para Francisco Castro
O director xeral saínte de Galaxia trala súa dimisión este luns, debutará o día 28 no circuito de concertos co seu primeiro disco
No perfil social de Francisco Castro aparece como profesión músico e escritor. Xa non menciona o seu labor como editor ao que adicou estes últimos anos. Onte anunciou a través das súas redes a presentación do seu primeiro disco, “Agora é o tempo”. Será o sábado, 28 de outubro, ás 20:30 horas, no teatro Salesianos. “Ofrezo cancións que explican quen son, como sinto e que quero do mundo. Saíron das tripas, por iso hai moita guitarra, tanta distorsión moitas veces. Son letras para falar de todo o que cómpre mudar, mais tamén para cantar ao amor. Por suposto en galego”.
Producido por Federico Welicki e gravado en estudios de Los Ángeles, Buenos Aires, Seattle, Madrid e Galicia, sae á venda á semana que vén. É o resultado de 18 meses de traballo e anos de maduración que chega nun momento crítico, de plena transición do autor. O luns dimitiu como director xeral de Galaxia tralo “culebrón” mediático que puxo en cuestión o exercicio da súa responsabilidade. Ao non se sentirse amparado pola súa empresa, decidiu abandonar “por conciencia”. Pechou así unha capítulo para abrir outro, onde a escritura e fundamentalmente a música, son o seu refuxio, o seu novo reto.
Pola súa banda, Galaxia, a casa a que o seu nome estivo vencellado ata hai uns días, mantén o silencio. Mañá celebrará a xunta de Consello de Administración, a primeira tralas vacacións. Será unha reunión de encontro cunha orde do día onde non se contempla debater quen ocupará a dirección xeral, agora vacante. “A dinámica de Galaxia non fai urxente a figura do director e máis coa programación do ano pechada, queremos tomarnos un tempo para decidir quen será”, declarou onte o seu presidente, Antón Vidal Andión, quen pese a todo non negou a posibilidade de que se fale do tema. O obxectivo é volver a normalidade e co furacán mediático en calma, o actualidade editorial galega semella proseguir coa súa rutina. Aínda así, fontes do sector suxiren a necesidade de reflexionar sobre o modelo instaurado no sector.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último