Medio século do templo do galeguismo

A Casa de Rosalía deixou virtualmente Padrón para instalarse na Praza da Farola cando se cumplen 50 anos da súa compra e posterior creación da fundación adicada á memoria da poeta por colecta popular

Publicado: 06 jul 2022 - 23:14 Actualizado: 07 jul 2022 - 12:00

Anxo Angueira, Abel Caballero e Carmela Silva inauguraron ayer a Casa de Rosalía na Praza da Farola.
Anxo Angueira, Abel Caballero e Carmela Silva inauguraron ayer a Casa de Rosalía na Praza da Farola.

Unha instalación moi visual a base de paneis informativos ocupa dende onte e ata o día 20 a Praza da Farola. Comisariada por Pepe Barro e baixo o título “A Casa de Galicia”, pretende achegar o significado da vivenda A Matanza, en Padrón, que acolle a Fundación Rosalía.

O lugar, ubicado a carón das vías do tren, foi o leito de morte da poeta en 1885, ano en que marcha a familia. Cunha colecta popular que implicou a todo o país e a Galicia da diáspora, mercouse en 1946 para se converter en pleno franquismo no refuxio e templo do galeguismo. A idea partiu nunha proposta de José Manuel Rey de Viana, realizada no Pedrón de Ouro de 1970 e uníronse más de 60 concellos, varias entidades bancarias, a Federación das Caixas de Aforros e tanto clubs como asociacións de tódolos ámbitos. “A historia da Casa de Rosalía é a historia dun logro colectivo”, indican dende o comisariado, destacando o papel da cidade. A achega de Vigo incluíu participacións de particulares como Xosé Luís Méndez Ferrín, Antón Patiño (pai), Xosé Luís Franco Grande, Xosé María Álvarez Blazquez, Alfonso Zulueta de Haz, Daniel Pino, Carlos Casares, os irmáns Massó ou Bernardino Graña. O punto anecdótico púxoo o Real Club Celta que destinou no partido contra o Real Madrid unha peseta por cada entrada, reunindo 35.000 euros.

A viguesa Su Garrido interpretou poemas rosalianos na inauguración da exposición na praza pública, que desvelou os segredos dunha casa que Gómez Román convertería nun espazo de culto para o galeguismo cos planos da primeira restauración en 1951, aínda que non foi ata 20 anos despois, en que se inaugurou coa montaxe a cargo de Xosé Filgueira Valverde.

Con esta montaxe péchase a programación polo 50 aniversario da Casa de Rosalía, despois de viaxar a Lugo. Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra, ente colaborador da exposición, lembrou na súa intervención que Galicia “é un dos poucos pobos que temos como grande referente a unha muller, Rosalía, a nosa matriarca, o noso grande emblema, que nos une e identifica”.

O alcalde asegurou que a exposición se ubicuo “na mellor zona de Vigo, na máis concorrida, porque estamos abrindo as portas de Rosalía en Vigo”. Amais de recoñecer o esforzo de todos para realizar este proxecto, xa que Rosalía “forma parte do patrimonio colectivo”, quixo por en valor ao arquitecto Manuel Gómez Román, “tildado de fascista polo seu proxecto na Guía, aquí estaba, no Partido Galeguista”.

O acto finalizouno o presidente da Fundación Rosalía, Anxo Angueira, quen detallou os “estreitos” lazos da poeta coa cidade tanto durante a súa vida, como na campaña de recuperación da Casa da Matanza como na conmemoración do 150 aniversario de ‘Cantares gallegos’ en 2013. “Na rúa Real ven a luza as catro obras que marcan o camiño futuro da escritora, ‘Lieders’, ‘La hija del mar’, ‘A mi madre’ e ‘Cantares gallegos’, libro fundacional da literatura galega contemporánea”, sinalou Angueira na súa intervención.

Contenido patrocinado

stats