Manuel Martín Algarra, Catedrático de Teoría de la Comunicación e da Información da Universidade
Agora somos a audiencia quen está a empregar os medios para contar algo
Se se acode a unha biblioteca é común atopar estudos sobre os efectos dos medios de comunicación de masas na cidadanía, pero na actualidade, ante a consolidación de novas vías de difusión como internet, cabe preguntarse qué influencia exerce a audiencia sobre os propios medios de comunicación.
Este novo enfoque investigador é o que defende Manuel Martín Algarra, catedrático de Teoría da Comunicación e da Información da Universidade de Vigo, que visitou a Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación para impartir docencia no Máster en Investigación en Comunicación, clausurando a segunda promoción. Profesor da Universidad de Navarra, aclara que este novo campo de investigación xa fora percibido polos principais teóricos da época dourada da investigación en comunicación.
Para o experto, a investigación en comunicación sempre estivo moi centrada en analizar que facían os medios coa xente, destacando un modelo unidireccional, no que uns poucos influían en moitos. Agora ben, como adiantaron as teorías dos anos 40, 50 e 60, a cuestión xa non recae nos efectos que exerce o medio nas masas, senón que a auténtica pregunta é que fai a cidadanía cos medios de comunicación, para que os usa ou para que os consume. Neste contexto é onde entra o paradigma de comunicación 2.0 e ata o de 3.0, xa que agora somos a audiencia quen está a empregar os propios medios para contar algo, engade Algarra.
En definitiva, na investigación camíñase cara un concepto democrático de comunicación, grazas ás novas tecnoloxías e ao desenvolvemento social, na que todo o mundo ten a posibilidade de acceder e de expresarse e na que uns moitos inflúen sobre todos, e que provocou a crise dos medios tradicionais como da prensa, da televisión ou da radio.
A proliferación de internet e das novas tecnoloxías fan accesible a todo o mundo a posibilidade de contar, polo que, técnicamente, cúmprese un ideal da igualdade entre os homes, posibilitando a proliferación dunha opinión pública libre, racional e transparente, que non depende do rango, posición ou título de quen a pronuncie, senón do valor da propia opinión. Sen embargo, o profesor engade a necesidade de non perder de vista a necesidade de persoas expertas, que sexan quen de distinguir e de seleccionar esas opinións racionais que pagan a pena ler e compartir.
Contenido patrocinado
También te puede interesar